Waterpolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Deporte que se practica nuna piscina onde se enfrontan dous equipos. O obxetivo do xogo é marcar o maior número de goles na portería do equipo contrario.
Os equipos contan con seis xogadores máis un porteiro. Diferéncianse pola cor do gorro de natación. Existen faltas e expulsións temporais. Non está permitido facer pé na pileta ou agarrarse nos bordes, polo que o convirte nun deporte moi duro. Un partido divídese en catro tempos de xogo efectivo (cando a pelota está en xogo).
Unha das maiores figuras do vaterpolo español e internacional, que conta con numerosos éxitos, como a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona e de ouro nos Xogos Olímpicos de Atlanta, foi Manuel Estiarte.