Xosé Luís Miguélez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Saxofonista galego; Aínda que afeccionado dende moito antes, empeza a estudiar jazz no ano 97 dentro das escolas, Baio Ensemble de Vigo e posteriormente na “Escola de música creativa Drops” de Santiago de Compostela nas que continúa ata o ano 02. Nestas escolas traballa con jazzistas galegos como Roberto Somoza, Kin García, Alberto Conde ou Andrés Rivas. Un ano máis tarde acada unha das dúas prazas ofertadas para cursar estudios como saxofonista na –Licenciatura en Jazz performance- dentro da Universidade de Oporto pola Esmae: Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo. Nesa escola ten a oportunidade de recibir clases de algúns dos jazzistas máis importantes de Portugal como; Mario Santos , José Luís Rego, Jeffery Davis, Carlos Azevedo, Laurent Filipe, Pedro Guedes, Michael Lauren ou Nuno Ferreira entre outros. Ao mesmo tempo forma parte do combo avanzado da "aula de jazz do concello de a Coruña, dirixido por Scott Stroman e José Acuña.
Paralelamente viaxa regularmente, dende comezos do 05, a Londres onde estuda cos saxofonistas Tim Garland , (Chick Corea's Origin) e Jean Toussaint (Art Blakey`s Jazz Messengers 82-86).
Formou ou forma parte das formacións:
Quinteto Mario Santos, Imaxina Sons Jazz orquestra, Grupo Abuña, Sexteto da Esmae.