4 Vesta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o asteroide 4 Vesta. Para outros usos vexa Vesta
4 Vesta é un planetoide de gran tamaño (en torno ós 538 km de diámetro) descoberto por W. Olbers en 1807. É o terceiro maior asteroide do cinto de asteroides e o cuarto en ser descoberto. O seu tamaño e superficie inusualmente brillante fan a Vesta o asteroide máis brillante. É o único asteroide en ocasións visible a simple vista como unha estrela de 6ª magnitude.
Foi descuberto o 29 de marzo de 1807 dende Bremen polo médico e físico alemán Heinrich Wilhelm Olbers cuxas aficións o levaron a estudar a órbita dos cometas (de feito, descubriu cinco cometas, además de a Vesta e a 2 Palas). Olbers bautizou ao asteroide como Vesta, a deusa virxe romana do fogar, a suxerencia do matemático Carl Friedrich Gauss.