A Ponte Maceira, Portor, Negreira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A aldea de Ponte Maceira está situada na parroquia de Portor, na parte leste do concello de Negreira. É unha poboación que está cruzada polo río Tambre.
En Ponte Maceira, entre os municipios de Ames e Negreira, está o conxunto monumental formado polo poboado primitivo, un antigo muiño, presa, capela, un pazo moderno e a gran ponte, construida sobre o Tambre no século XIII, aproveitando os piares de outro romano anterior. Consta de cinco arcos e dous máis pequenos.
Era paso obrigado no Camiño marítimo de Santiago unindo a cidade do Apóstolo Santiago con Fisterra. Existen numerosas lendas relacionadas coa tradición xacobea, como aquela que di que dende o norte viñan a todo correr os discípulos do Apóstolo Santiago, xa que non atopaban quen acollera o corpo decapitado de seu mestre. Detrás deles, os lexionarios romanos trataban de darlles caza. Os cristiáns cruzaron Ponte Maceira e ven como, de súpeto, ao facelo os romanos, a ponte vense abaixo e os perseguidos conseguen escapar grazas a esta intervención "diviña".
En arquitectura relixiosa destaca a igrexa románica de Portor.