Acusativo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
CASOS |
LATINOS |
Nominativo |
Vocativo |
Acusativo |
Xenitivo |
Dativo |
Ablativo |
Outros casos |
Nome dun caso que nas linguas flexivas de raíz indoeuropea é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento directo, aínda que pode aparecer tamén noutras como na expresión da dirección, etc.
O caso acusativo provén do chamado polos primeiros gregos causal. Apolonio Díscolo viu que o acusativo non era o caso da causa, senón o caso do efecto. Os latinos, por falsa tradución, déronlle o nome que aínda segue vixente.
No acusativo adóitase ver a expresión dunha relación inmediata entre o verbo e o obxecto ao que se refire a acción verbal, sendo, xa que logo, o caso por excelencia do complemento directo: polaco "Mam dobrą szafę" - "Teño bon armario".
En latín distínguense, entre outros, os seguintes empregos particulares do acusativo:
* Acusativo complemento de nome. * Acusativo exclamativo * Acusativo proléptico * Acusativo de cualificación * Acusativo de extensión * Acusativo de duración * Predicativo ou adxunto * Acusativo de dirección * Dobre acusativo * Acusativo neutro ou adverbial * Acusativo grego (de relación ou de parte)