Dativo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
CASOS |
LATINOS |
Nominativo |
Vocativo |
Acusativo |
Xenitivo |
Dativo |
Ablativo |
Outros casos |
O caso dativo aplícase a substantivos e pronomes. Este caso marca normalmente o complemento indirecto, polo que serve para expresar a persoa ou cousa que recibe o dano ou proveito da acción verbal. Así que responde ás preguntas: «¿a quen?» ou «¿para quen?», formuladas ao verbo. Por exemplo: o neno escribe unha carta ao seu pai. Pero ademais existen outros usos como o de posesión, por exemplo en latín vulgar e, en menor medida, o latín clásico.
O seu nome vén do latín datiuus, do verbo dare, dar.
O uso do dativo era común entre as primeiras linguas indoeuropeas e continúa usando en numerosas linguas como as eslavas, as bálticas e as xermanas, entre outras. Ademais, hai linguas non indoeuropeas que tamén empregan este caso con formas similares. Por exemplo as linguas fino-húngaras, o Idioma navaho e o xaponés.
Algunhas das linguas enque se emprega ou se utilizou o dativo son:
- polaco por exemplo: "dobrej szafie" - "a bo armario"
- checo
- feroés
- alemán
- Grego clásico (e en ocasións grego moderno
- húngaro
- islandés
- latín
- letón
- lituano
- Inglés antigo
- romanés
- ruso
- sánscrito
- serbocroata
- eslovaco
- esloveno
- yídish
[editar] Enlaces exteriores
- Acusativo e dativo, dinámica sincrónica do latín ao castelán (Nivel avanzado). Texto de María José Botarche Cossío. Publicado pola Revista Española de Lingüística
- Dativo e datividade (nivel avanzado). Artigo escrito por Karmele Rotaetxe Amusategui e publicado na Revista Española de Lingüística.