Alex Kidd in Miracle World
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alex Kidd in Miracle World é un xogo de plataformas para a consola de 8-bit Sega Master System. Foi lanzado por primeira vez en Xapón o día 1 de novembro de 1986.
Como Super Mario Bros., ten un scroll uni-direccional, o que significa que nos niveis non podes revisitar áreas que xa deixáches atrás, inda que algúns niveis ofrecen ao xogador a posibilidade de exploralos libremente.
Alex Kidd in Miracle World estivo inicialmente disponible en formato cartucho. A partires de 1990, foi incluido dentro de algúns modelos do hardware da Master System, incluindo algunhas versións europeas e estadounidenses da Master System 2, e versións europeas da Master System 1.
Esta nova versión e lixeiramente distinta da orixinal en cartucho. Isto é claramente visible entre nivel e nivel. Na versión orixinal, Alex come unha bola de arroz. Na incluida interna na consola, Alex come unha hamburguesa.
Existen falsos rumores dunha versión na que Alex aparece bebendo unha cervexa. É posible que este mito proceda de persoas que non están familiarizadas cas bolas de arroz xaponesas, e que confundiron a bola de arroz cunha cervexa.
Un aspecto distintivo deste xogo son as loitas de "pedra-papel-tesoiras" para vencer a determinados inimigos en lugar de empregar solucións violentas. Isto significa que unha vez atopado un xefe, tes unha posibilidade entre tres de morrer, e o éxito sería obtido de xeito aleatorio. Sen embargo, poden memorizarse fácilmente (pedra, papel ou tesoiras), posto que sempre son repetidas as mesmas opcións.