Alguer - Alghero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alguer (Alghero en italiano, l'Alguer en catalán e S'Alighera en sardo) é unha comuna da provincia de Sassari, Sardeña, Italia de lingua tradicional catalá. Residen na comuna 39.372 habitantes.
[editar] Historia
En 1372 os cataláns expulsan á poboación sarda autóctona e repoboan a cidade con cataláns de Barcelona, despois de se produciren varias revoltas. No século XVII o castelán substitúe ao catalán como lingua oficial e dende o século XVIII é o italiano a lingua oficial. Hoxe a variedade algueresa do catalán fálana os maiores de 30 anos, pero poucos son os nenos que a empregan, aínda que o goberno municipal promociona a súa aprendizaxe segundo a lei rexional do 11 de setembro de 1997 de promoción e valorización das lingua minoritarias de Sardeña.
[editar] Ligazóns externas
Comuna de Alguer, en italiano
Publicación electrónica cultural, catalán de Alguer
Xornal electrónico de Alguer, en italiano con algún contido en catalán
|
|||
Cataluña · País Valenciano · Illas Baleares · Andorra · Franxa de Aragón · Alguer · O Carxe |