Antonio García Bellido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio García Bellido (Villanueva de los Infantes, Ciudad Real, 1903 - Madrid, 1972), arqueólogo español.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde tivo como mestres, entre outros, a José Ramón Mélida, Manuel Gómez Moreno, Hugo Obermaier e Elías Tormo, que dirigíu a súa tese doutoral sobre os Churriguera e que foi mentor seu para o ingreso na Real Academia da Historia.
Esta formación inicial en Historia da Arte tivo a súa importancia metodolóxica para posteriores traballos sobre o urbanismo e a arquitectura do mundo antigo, a cerámica grega ou a escultura romana.
En 1931 obtivo a cátedra de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Madrid, e tras a Guerra Civil iniciou dous novos campos de investigación: a colonización grega, fenicia e púnica en Occidente, e a arqueoloxía dos pobos prerromanos do Norte peninsular, neste caso participando nas excavacións que Juan Uría Riu, da Universidade de Oviedo, promovera no Castro de Coaña.
En 1949 sae a súa obra Esculturas romanas de España y Portugal, publicada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, institución na que habería fundar, dous años logo, o Instituto de Arqueoloxía Rodrigo Caro, donde sairía, a súa vez, a revista Archivo Español de Arqueología, convirténdose, desde entón, ambas dúas, institución e publicación, nos duplo núcleo de toda a actividade de García Bellido, centrada xa fundamentalmente en todos os aspectos do mundo hispanorromano.
Paralelamente producirase o seu recoñecemento internacional polo seu labor como arqueólogo e historiador: doutor honoris causa pola Universidad de Burdeos, ingreso na Academie de Inscriptions et Belles Letres, membro da Hispanic Society of New York e da Comisión histórica de la UNESCO, entre outras moitas distincións.
Actualmente considerase García Bellido como un dos grandes impulsores dos estudos de Arqueoloxía Clásica en España e como creador de fructíferas líñas de investigación na Arqueología hispanorromana.