Hugo Obermaier
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hugo Obermaier, naceu en Regensburg (Alemaña, o 29 de xaneiro de 1877, faleceu en Freiburg (Suíza) o 12 de novembro de 1946. Paleontólogo e prehistoriador alemán.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Mocedade e anos académicos
Fillo do inspector de escolas, Anton Obermaier, ordenouse como sacerdote secular en 1900, logo de terminar o seu pregrado universitario. De 1901 a 1904 estuda arqueoloxía prehistórica, xeografía, xeoloxía, paleontoloxía, etnoloxía, filoloxía alemana e anatomía humana en Viena; obtendo o doutorado cunha tese sobre "O hábitat do home durante a Idade de Xelo en Europa central" ("Die Verbreitung des Menschen während des Eiszeitalters in Mitteleuropa"). En 1908 cualificase como conferencista na Universidade de Viena, dedicando o ano seguinte a esta actividade. En 1911 Obermaier, xunto Henri Breuil, foi designado para a catedra vacante no recentemente fundado Instituto de Paleontología Humana (Institut de Paléontologie Humaine) de París.
[editar] En España
En 1914, encontrándose en España, o inicio da Primeira Guerra Mundial impídelle regresar a París, polo que permanece neste país estudando a arte prehistórica das covas da Cantabria. No 1916 publica en Madrid "El Hombre Fósil" e no 1918 nacionalízase español. Traballa desde 1916 no Museo Nacional de Ciencias Naturales de Madrid. En 1922 crease para él a cátedra de "Historia Primitiva do Home" na Universidade Central de Madrid, outorgándoselle un posto na Real Academia de la Historia.
Nese mesmo ano de 1922, realiza unha viaxe á Galiza, dando unha serie de conferencias e publicando as "Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia" no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, t. IV (1923).
En 1936, estando en Oslo, representando a España no Congreso Internacional de Arqueoloxía Histórica e Protohistórica, enteirase da situación da Guerra Civil polo que decide non voltar a Madrid. En 1939 a pesar dos esforzos dos seus amigos, en especial o duque de Alba, decide declinar o convite para ocupar de novo a súa cátedra ao saber que era reclamada por un dos seus estudantes máis capaces, o arqueólogo Julio Martínez Santaolalla.
[editar] Últimos anos
Acepta entón, alegando razóns de saúde unha cátedra na Universidade de Freiburg, onde permanece ata a súa morte en 1946, recibindo honras da Universidade. Foi autor de textos académicos de prehistoria e outras contribucións de carácter científico en diversas publicacións.
O 23 de junio 1951 fundouse na Universidade de Regensburg unha asociación, que desde 1956 é nomeada "Sociedade Hugo Obermaier para o estudo da Idade do Xelo e o Paleolítico" ("Hugo Obermaier-Gesellschaft für Erforschung des Eiszeitalters und der Steinzeit"), a cal se mantén ata agora activa.