Apolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Deus da mitoloxía grega, deus do Sol e de tódalas artes en xeral. Fillo de Zeus e de Latona, naceu na illa de Delos. Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adivinación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibeu misión da NASA que levou ó home á Lúa (Mission Apollo).