Argonautas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na Mitoloxía grega, os Argonautas (en grego: Αργοναύται) eran un grupo de heroes que, en anos anteriores á Guerra de Troia, acompañaran a Xasón á Cólquida, na busca do vélaro de ouro. O seu nome procede do nome da súa nave, a Argo, que á súa vez fora designado así en honra do seu construtor Argos; de modo que, literalmente, Argonautas significa "mariñeiros do Argo".
Partiron en total cincuenta guerreiros, dos cales os principais Argonautas eran:
- Xasón e seu primo Acasto, fillo de Pelias.
- O adiviño Idmon, fillo de Apolo.
- Os Dióscuros (fillos xemelgos de Zeus) Cástor e Pólux.
- Os semi-deuses do vento, fillos de Bóreas, Calais e Zetes.
- Anfión.
- Etalides, fillo do deus Hermes.
- O xigante Argos, que foi o construtor do navío e o seu piloto.
- Ascálafo, fillo do deus Ares e rei de Orcómene.
- Unha muller Atalanta que tentou embarcar disfrazada de home, mais foi descuberta por Xasón.
- O ladrón Autólico, fillo do deus Hermes e que viría ser o verdadeiro pai de Ulises.
- Laertes, que era o "pai putativo" de Ulises.
- Butes, fillo de Téleon.
- Équion, tamén fillo de Hermes.
- Eufemo, fillo de Poseidón.
- Euríalo.
- Heracles , o seu sobriño Iolao e o seu discípulo Hilas, ambos "amigos moi íntimos" de Heracles.
- Poias e seu fillo, Filoctetes, ambos amigos de Heracles.
- Os xemelgos Idas e Linceo, rivais de Cástor e Pólux, o segundo dotado de agudísima vista, capaz de ver detrás dos muros.
- Oileo, que viría ser pai de Aiax, e que era namorado de Apolo.
- Meleagro.
- O poeta Orfeo, fillo de Apolo e da musa Calíope.
- Peleo, que viría ser pai de Aquiles, e seu irmán Telamon.
- O concerta-todo Palemón, fillo de Hefesto.
- Poriclimeno, fillo de Poseidón, que tiña o poder de se metamorfosear en calquera animal mariño.
- Talao, rei de Argos.
- Tífis e Anceo que se relevaran como temoneiros do navío Argos.
- Erxino, que substituíu a Tífis, cando este morreu.
- Anfiarao, outro célebre adiviño.
- Admeto, fillo do rei Feres.
- Asclepio, fillo de Apolo, médico dos expedicionarios.
- Teseo, príncipe de Atenas.
- Piritoo, rei dos lapitas, etc.