Aspasia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aspasia (c.469– c.406 a.C.). Cortesana grega.
Aspasia naceu na colonia grega de Mileto, trasladouse a Atenas, onde se converteu nunha hetaira, e amante de Pericles, co que tivo un fillo. Na súa casa xuntábanse os filósofos e escritores máis célebres da época, entre eles Sócrates.
Logo da morte de Pericles en 429 a.C., Aspasia casou con Lisides, con quen tivo outro fillo.