Automobilismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O automobilismo é o deporte consistente en todo tipo de probas de vehículos de catro rodas ou máis, normalmente modificados ou construídos especialmente co fin de competir.
É regulado principalmente a nivel mundial pola Federación Internacional do Automóbil como unión das Federacións Automobilísticas membros, no caso de España, a RFEDA, que á súa vez está formada polas Federacións Autonómicas, estando Galiza representada pola Federación Galega de Automobilismo.
A FIA ten a súa base fundamental no Apéndice J do Código Internacional dos Deportes de Motor, que define tres categorías principais divididas en grupos, e por outra banda, presenta tamén unha división por cilindrada[1]. Estas tres categorías son as de automóbiles manufacturados (aqueles fabricados baixo a definición de coches de rúa, modificados especialmente ou non), automóbiles de competición (aqueles contruídos específicamente para competir nunha categoría) e camións.
Este deporte pódese dividir en dúas ramas, a organizada directamente pola FIA e as súas federacións membros, sendo os seus máximos expoñentes a Fórmula 1, o World Touring Car Championship e o World Rally Championship, e as organizadas polas asociacións norteamericanas subordinadas ó Automobil Competition Committee for the United States (ACCUS) e ás súas asociacións membro, que á súa vez tamén están subordinadas á FIA[2], Sen embargo, nas categorías estadounidenses aínda que a FIA é a encargada de regula-lo deporte mediante o seu código, deriva as responsabilidades de organización ás nove asocacións membros da ACCUS. As tres máis importantes son a National Association for Stock Car Automobile Racing (NASCAR), que organiza as competicións de autos stock e de camións, e conta a súa vez con diferentes niveis de competición en varios países; a Champ Car, que organiza un campionato de monoprazas open-wheel; e a Indy Racing League, unha escisión da Champ Car que regula outra competición de características semellantes e que ten como proba estrela as 500 Millas de Indianápolis.
Tamén existen outras competicións automobilisticas fóra destas dúas ramas principais e da xurisdicción da FIA, tendo a súa máxima representación no Rally Dakar, organizada pola Amaury Sport Organization, ou que a Federación Internacional do Automóbil non recoñece como competicións profesionais, como o drifting.
Índice |
[editar] Historia
- Vexa o artigo principal: Historia do automobilismo
[editar] Categorías
[editar] Monoprazas Open-Wheel
As carreiras de monoprazas open-wheel son as máis populares a nivel mundial. Dispútanse con coches específicamente construídos para comeptición, que só dan cabida ó piloto e nos que as rodas están descubertas, de alí o nome de open-wheel (en galego, roda aberta). Estes monoprazas tamén soen incorporar pezas aerodinámicas, como aleróns ou pontóns, xa que a dinámica de fluídos soe ser unha parte moi importante do rendimento da máquina en carreira.
A categoría superior de monoprazas é a Fórmula 1, aínda que non é tan popular en Norteamérica como noutras partes do mundo. A F1 é un campionato mundial que consta de 18 carreiras e no que se reparten dous títulos, o Campionato do Mundo de Pilotos e o Campionato do Mundo de Escuderías. Considerada como o cumio do automobilismo, participan os fabricantes máis importantes do mundo, como Ferrari (Scuderia Ferrari), BMW (BMW Sauber) ou Renault (Renault F1 Team), algúns deles cun presuposto de máis de 400 millóns de dólares anuais[3].
En Norteamérica, as competicións de monoprazas máis importantes son a Champ Car e a Indy Racing League. Son moi semellantes entre sí e á Fórmula 1, aínda que menos avanzadas e máis restrinxidas tecnolóxicamente por mor dun control de gastos máis férreo.
Outras competicións de monoprazas son a A1GP, a GP2 (anteriormente coñecida como Fórmula 3000 e Fórmula 2), a Fórmula 3 ou a Fórmula Nippon. A maioría delas serven de categorías lanzadeira para a Fórmula 1.
[editar] Rally
- Vexa o artigo principal: Rally
O rally é una categoría do automobilismo no que unha parella de condutor e copiloto deben chegar á meta a través dun camiño predeterminado, que non ten por que ser un circuíto, no menor tempo posíbel. Estes camiños poden ser estradas normais que soen estar pechadas ó público ou pistas de terra, barro, neve, ou outras superficies nas que a conducción é dificultosa.
Cada rally divídese en seccións, que a súa vez se dividen en tramos. Hai dous tipos de tramos, os cronometrados e os de enlace. Estes últimos son os que levan ós pilotos dun tramo cronometrado a outro, e transcurren por estradas abertas á circulación normal, polo que teñen que respecta-las normas de tráfico vixentes. Os coches saen en cada tramos con un tempo determinado de diferencia entre eles, polo que o contacto visual é moi raro.
En cada coche van un piloto e un copiloto. Este último encárgase de ler unhas notas sobre o percorrido do tramo escritas nun código nemotécnico, que describe as curvas, o estado da estrada ou calquera outra circunstancia relevante para a pilotaxe, servendolle así ó condutor para anticiparse a elas.
Dentro do mundo do rally, hai tamén diferentes categorías, mais a raíña e o World Rally Championship, reservado para os coches da Categoría WRC. A nivel mundial, a FIA organiza tamén o Junior World Rally Championship, para pilotos menores de 28 anos e con coches da Categoría Super 1600, e o Production World Rally Championship, para coches do Grupo N. Tamén soen organizarse campionatos nacionais.
[editar] Rally Raid
[editar] Turismos
[editar] Autos Stock
[editar] Prototipos Sport
[editar] Karts
- Vexa o artigo principal: Karting
[editar] Drag Racing
- Vexa o artigo principal: Drag Racing
O Drag Racing é unha categoría do automobilismo que se disputa en circuítos liñais, co obxectivo de completalos no menor tempo posíbel. Estes circuítos normalmente teñen unha lonxitude de un cuarto de milla, aproximadamente uns 400 metros. Para acadar este fin, pódense utilizar varias clases de vehículos, que van dende os coches de rúa sen modificar até os dragsters, automóbiles especialmente construídos e preparados para esta competición que poden atinxir preto de 450 km/h na liña de meta, tendo que accionar un paracaídas para frear, xa que a potencia dos discos de freo resulta insuficiente.
A maior organizadora de este tipo de eventos é a National Hot Road Association (NHRA), que é a federación norteamericana. É seguida pola International Hot Road Association.
[editar] Camións
- Vexa o artigo principal: Truck Racing

O Truck Racing é unha categoría de automobilismo en circuítos nos que corren cabinas de camións modificadas.
Na versión europea, os camións teñen un peso máximo de 5500 kg e, por motivos de seguridade, 160 km/h de velocidade máxima. As carreiras, que duran entre 8 e 12 voltas, comezan cunha saída lanzada. No vello continente, esta competición gozou dunha grande popularidade nos 80.
En Brasil, é unha das categorías do automobilismo máis populares. Alí se disputa desde 1996 a Fórmula Truck, unha competición na que cada carreira dura entre 30 e 35 voltas con saída lanzada, e os camións poden chegar a 200 km/h, aínda que coa axuda de radares, contrólase que non pasen dos 160 km/h permitidos como velocidade máxima. Puntúase dúas veces por carreira, os seis primeiros na volta 12 e os 10 primeiros no final.
Nos Estados Unidos, a NASCAR organiza as Craftsman Truck Series dende 1995. Non se diferencia moito das outras series salvo na peculiaridade de que se disputa en circuítos ovais.
[editar] Escalada
[editar] Carreiras Históricas
[editar] Outras
- Vexa o artigo principal: Lista de competicións automobilísticas
- Autocross: Categoría cronometrada no que un automóbil, que poden ir dende coches de rúa normais sen modificacións até coches construídos especialmente para esta competición, na que se percorre un trazado de asfalto marcado por conos de tráfico. Próbase máis a pericia do piloto que as características do vehículo.
- Demolition Derby: Competición na que, normalmente 10 ou máis pilotos, embístense voluntariamente uns contra outros co obxectivo de se-los derradeiros superviventes co seu vehículo en funcionamento. Normalmente se disputan en campo aberto ou en superficies de terra.
- Dirt Track Racing: Tipo de competición automobilítica na que os vehículos, que poden ser tanto turismos como monoprazas open-wheel, corren en circuítos ovais de terra.
- Drifting: Competición na que os pilotos fan derrapar de xeito controlado os seus turismos de tracción traseira a través dun circuíto tentando acercarse o máis posíbel a uns parámetros anunciados previamente polos xuíces da competición.
- Ice Racing: Competición de todo automóbiles, normalmente con tracción ás catro rodas, sobre pistas con superficie xeada, xa sexan lagos ou ríos conxelados ou pistas con xeo artificial.
- Rallycross: Competición que se disputa en circuítos mixtos de area e asfalto no que os coches, que poden ser do Grupo N ou do Grupo A similares ós coches de rally, corren directamente uns contra outros co obxectivo de chegar primeiros á liña de meta.
- Road Racing: Competicións automobilísticas de todo tipo en circuítos urbanos, que poden ser especialmente constrídos para este fin, ou rúas dunha cidade pechadas para a ocasión.
- Street Racing: Versión ilegal do road racing, con carreiras que poden surxir de maneira espontánea entre dous vehículos parados nun semáforo, ou de xeito coordinado entre dous ou máis competidores. Soen levar apostas detrás.
[editar] Bandeiras no automobilismo
- Vexa o artigo principal: Bandeiras no automobilismo

Unha elemento moi importante nalgunhas categorías automobilísticas que se disputan en circuíto son as bandeiras, utilizadas polos comisarios de pista por orde dos comisarios de carreira para sinalar calquera tipo de suceso que se produza en pista.
O significado destas bandeiras poden variar segundo na competición na que se utilicen e dende o posto na que os comisarios a amosen, pero xeralmente se utilizan para os descritos na seguinte lista.
[editar] O automobilismo na Galiza
[editar] Notas, fontes e referencias
- ↑ (en inglés e francés) Artigo 251, sección 1 do Apéndice J do Código Internacional de Deportes de Motor
- ↑ (en inglés) Páxina 2 da solicitude de licencia de conducción da FIA para o ACCUS de 2007
- ↑ F1Racing, páxina 73 do número 86 de Abril de 2006
[editar] Ligazóns externas
[editar] Entidades oficiais
- Federación Galega de Automobilismo
- Real Federación Española de Automobilismo (en castelán)
- Federación Internacional do Automóbil (en inglés)
- National Association for Stock Car Automobile Racing (en inglés)
- Indy Racing League (en inglés)