Baltimore, Maryland
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Baltimore é unha cidade de Maryland, Estados Unidos. En 2005 tiña unha poboación de 636.251 habitantes. Debe o seu nome a Cæcilius Calvert, 2º Barón Baltimore. A cidade forma parte da área metropolitana Baltimore-Washington.
[editar] Historia
Durante o século XVII fundáronse varias localidades co nome de Baltimore no norte da baía de Chesapeake. A actual localización data de [[1729], Baltimore medrou rapidamente durante mediados do século XIX como o graneiro do azucre que se producía nas colonias do Caribe. Durante a guerra de 1812 os británicos atacaron Fort McHenry, situado no porto de Baltimore, con ese motivo escribiuse o poema co texto que logo se convertería no texto do himno norteamericano, The Star-Spangled Banner. En 1851 deuselle o título de cidade independente, polo que non pertence a ningún condado. O 7 de febreiro de 1904 o lume destruíu 1.500 edificios.