Baroncelle, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Santiago de Baroncello, parroquia pertencente ao concello de Abadín. Nos seus 12 lugares viven 186 veciños.
Santiago de Baroncelle
- Está rodeada polas parroquias de Aldixe, Goás, Corvite, Vilarente e Moncelos; tamén as de Arbol e Carballido (no concello de Vilalba). Pertence ao arciprestado de Baroncelle. Ten 186 habitantes que se distribúen nas súas 12 entidades de poboación e en 10 lugares, sendo a densidade media de poboación no 2004, de 27,9 hab/km²
- As entidades son as seguintes: A Abelleira (16), O Asperón (30), Augalevada (38), A Casavella (12), O Castiñeiro (13), O Fondo (4), A Fonte do Mouro (13), Golpilleiras (6), A Uceira Grande (27), Vacaferreira (12), O Valado (3) e Vilatán (12).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceria Pequena.
Situación xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 18'
Lonxitude: 7º 30'
Superficie: 6,67 km²
- Monumentos:
Existe unha antiga Igrexa Parroquial Santiago de Baroncelle na aldea da Casavella. A Igrexa construiuse no século XVII. Actualmente encóntrase en estado ruinoso e cerrada ao culto. Encravada nunha fermoso paraxe. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía adosada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so vano. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos no que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.
Lugares da parroquia de Baroncelle no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Abelleira | O Asperón | Augalevada | A Casavella | O Castiñeiro | O Fondo | A Fonte do Mouro | Golpilleiras | A Uceira Grande | Vacaferreira | O Valado | Vilatán |