Quende, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Quende, limita o Norte con Romariz e Sasdónigas (concello de Mondoñedo), o Sur con Loboso, o Leste con Sasdónigas e Galgao e o Oeste con Romariz, Fanoi, Fraiás e Abadín. Pertenceu a antiga Maestrescolía de Mondoñedo e era curato de entrada da provisión ordinaria. A vila de Quende foi posesión do Mosterio de Lourenzá. O seu arciprestazgo é Mondoñedo, ten 10 entidades de poboación, 7 lugares e 240 habitantes, sendo a sua densidade media de 25´2 hab/Km2 (2004).
- As entidades de poboacion son as seguintes: A Bouza (10), Candabade (14), Os Carballiños (7), Fontepresa (44), Framil (7), Gontán (80), Moncalvo (13), Os Péreces (24), Os Titos (6) e A Xesta (35).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Campo, A Casanova, As Corgas, Gontán de Abaixo, Gontán de Arriba, O Outeiro e A Ribeira.
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 22'
Lonxitude: 7º 26'
Superficie: 9,54 Km²
- Monumentos:
No lugar de Gontán de Abaixo existe 2 cruceiros de especial relevancia: O primeiro ten o seu acceso dende o núcleo de Abadín, tomase o desvío a esquerda, sinalizado, e a 400 metros encontrase o recurso na marxe dereito da estrada que vai a Labrada. O cruceiro esta realizado en granito e de dimensions normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso; capitel con ánxos nos lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura no lado maior, custodia e os atributos da Paixón; basa o seu tronco-piramidal, con inscricions.
Para o segundo tamén se accede dende o núcleo de Abadín, e tomase o desvío a esquerda sinalizado, e a 350 metros encontrase o recurso diante da Igrexa. O cruceiro esta realizado en granito. Cruz de remates florenzados co Cristo de grandes dimensions e figura feminina de menor tamaño a seu caron (falta unha figura no outro lado) a Piedade na parte posterior; capitel con ánxos os lados e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura na parte superior, custodia e atributos da Paixón; basa o seu tronco-piramidal; sen inscricions.
Existe un terceiro cruceiro nesta parroquia: O de Fontepresa. O cruceiro esta realizado en granito e ten dimensions normais. Cruz florenzada coa figura de Cristo no anverso, Virxe co neno e Sta. Ana, de menor tamaño, no lado maior, mentres que no lado menor hai unha figura da Dolorosa; capitel con ánxos a caron e volutas nas esquinas; fuste poligonal con figura de Santiago e os atributos da Paixón; base cúbica sobre outra base de esquisto con inscricions.
Gontán dispon ademais dunha área recreativa a que se accede dende o núcleo de Abadín tomandose o desvío a esquerda en dirección Gontán, sinalizado. Cóllese a esquerda unha estrada que conduce até o río Labrada, a caron del encontrase o recurso. É unha pequeña área de 100 metros cadrados situada nas beiras do río Labrada o seu paso polo núcleo de Gontán. Conta con merendeiro e praia fluvial acondicionada cunha explanada de cemento para facilita-lo baño. O seu entorno vexetacional autóctono de ribeira e rico, con carballos, bidueiros, ameneiros, sabugueiros, etc...
Lugares da parroquia de Quende no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Bouza | O Campo | Candabade | Os Carballiños | A Casanova | As Corgas | Fontepresa | Framil | Gontán de Abaixo | Gontán de Arriba | Moncalvo | O Outeiro | Os Péreces | A Ribeira | Os Titos | A Xesta |