Moncelos, Abadín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Moncelos limita o Norte cas freigresías de Baroncelle e Corvite; o Sur con Goás; o Leste con Graña e Vilarente e o Oeste con Árbol (no concello de Cospeito). Pertence o arciprestazgo de Baroncelle e a compoñen 10 entidades de poboación, 9 lugares e ten 246 habitantes, sendo a densidade media no 2004 é de 36'2 hab/Km2.
- As entidades son as seguintes: A Cañoteira (2), A Casavella (8), Moar (27), Redemuíños (9), Ribela (27), Os Tarraxís (53), O Valado (26), As Veiguiñas (18), Xubín (36) e Zoñán (40).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Alto, Carba, As Cargas, O Carragal, O Fermín, O Formigueiro, A Furada, As Golpilleiras e Sinde.
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 17'
Lonxitude: 7º 29'
Superficie: 6,8 Km²
- Montes:
Argán (585 m.).
- Monumentos:
A Igrexa Parroquial de Santiago de Moncelos, situada na aldea de Os Tarraxís, é de rechamancia, o igual que o cruceiro da mesma aldea pola súa ubicacion sobor dun antigo castro, construída no seculo XVI, sufriu profundas transformacions e añadidos posteriores. De pranta rectangular, consta dunha nave con capelas laterais e capela maior, a cuio caron encontrase a sacristía. A nave e a capela maior estan cubertas de mampostería de pizarra a duas e tres augas, respectivamente. Diante da fachada hai un pórtico e sobre o muro do mesmo, unha espadaña dun corpo con dous vanos a que se accede por unha torreta circular adosada, na que se encerra unha escaleira de caracol. A porta principal esta adintelada. É no interior destacan o arco triunfal de medio punto e os arcos das capelas laterais. Púlpito con base de pedra pintada, o rústico pavimento de lastras e o interesante retablo maior barroco do seculo XVIII, procedente da igrexa do mosteiro de Meira, ademais do retablo lateral plateresco popular do seculo XVII.
O Cruceiro, o que se accede dende Abadín en dirección a Vilalba pola estrada N-634, para logo tornar dirección Moncelos-Lugo pola estrada LU-VP1201. E a 8,5 Qms. cara a dereita sinalizado. Logo a 700 metros se desvia a esquerda sen sinalizar e a 150 metros topase cun cruceiro realizado en granito. De Cruz coa figura de Cristo crucificado, coa presencia dunha cabeza os seus pes, e a Virxe Inmaculada no reverso; capitel de estilo xónico con volutas nas esquinas, e fuste cos atributos da Paixón (cravos, martelo, tenaces, escaleira e lanza); a base, de forma cúbica, conten unha inscripción coa data do 1867.
O Carragal dispon tamen dun cruceiro o que se accede dende o núcleo de Abadín en dirección Vilalba pola estrada N-634, e a 200 metros collese o desvío a esquerda dirección Moncelos pola estrada LU-VP1201. A 8 Qms. collese o desvío a dereita con dirección a Rábade, e a 1,2 Qms. no marxe esquerdo da estrada atopamos un Cruceiro realizado en granito. Cruz florenzada coa figura de Cristo e unha figura máis pequena os seus pes no anverso, e a figura da Piedade no reverso; capitel con ánxos os lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal cunha figura e os instrumentos da Paixón; apoiase directamente sobre unha base tronco-piramidal e non inscricion nin data.
No Valado, o igual que no Carragal achamos outro Cruceiro realizado en granito. Coa Cruz florenzada con Cristo no anverso; capitel sinxelo con aristas; fuste poligonal con atributos da Paixón: lanza, cravos, martelo, tenaces e escaleira; con base cúbica sen inscricions.
Lugares da parroquia de Moncelos no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
O Alto | A Cañoteira | A Carba | As Cargas | O Carragal | A Casavella | O Fermín | O Formigueiro | A Furada | As Golpilleiras | Moar | Redemuíños | Ribela | Sinde | Os Tarraxís | O Valado | As Veiguiñas | Xubín | Zoñán |