Batalla de Trafalgar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandadas por Lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandadas polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, así como non perdeu ningún navío, perdeu ó seu comandante.
[editar] Condicións previas da batalla
Napoleón vencera xa daquela a todos os seus adversarios, con excepción de Gran Bretaña. Por elo, era preciso para os seus propósitos atacar a Gran Bretaña. O poder británico proviña do seu inmenso imperio colonial, e Napoleón necesitaba que as mercancías non chegasen bloqueando a illa. Pero había un problema: o poder francés como potencia naval era moito menor que o británico, e desta forma sería imposible bloquear Gran Bretaña.
O emperador axiña se decatou de que necesitaría un aliado para vencer a Gran Bretaña. E buscou un que estivera case ó marxe das guerras napoleónicas en Europa e que tiña unha gran potencia naval: España. O poder marítimo español era daquela unha sombra do que fora, mais seguía sendo moi grande.
Así, o 18 de agosto de 1796, España e Francia asinaron o tratado de San Ildefonso, no que se comprometían a se defender mutuamente de ataques que poideran sufrir por parte de terceiros. Esta alianza supuxo a entrada española nalgúns conflitos da época.
Napoleón ideou entón un plan para invadir Gran Bretaña. A armada franco-española navegaría cara América para chamar a atención dos británicos, os cales irían a socorrer as súas colonias ca súa armada. Ca flota británica en América, a armada franco-española volvería cara Europa, onde se encargaría de escoltar a 160.000 soldados e 2.000 buques franceses para levalos a costas inglesas.
Non obstante, surxiu un contratempo: a armada combinada foi avistada por un buque inglés cando esta volvía de América. Gran Bretaña enviou unha flota de ataque, o cal é recibido por sorpresa por Villeneuve, que non é capaz de vencelos, polo que se refuxia en Ferrol. Napoleón, indignado, ordena que a armada combinada para cara Brest. Sen embargo, Villeneuve decide ir a Cádiz, por temor a toparse ca armada inglesa. Isto supón que Napoleón retire as tropas que ían a invadir Gran Bretaña.
Napoleón non se fía das dotes de Villeneuve como comandante, polo que lle ordena que se quede en Cádiz ata novo orden, esperando ó almirante Rossily, quen sería o novo almirante da armada combinada.
En outubro de 1805, a flota británica, comandada por Nelson, atópase en Xibraltar, moi preto da armada combinada. A escuadra de Nelson intenta bloquear o porto de Cádiz, para impedir que a armada combinada se reúna cos barcos franceses do Mediterráneo.
Villeneuve reúne entón ós comandantes da súa armada: por parte española, o xefe da flota española Gravina, o xeneral Churruca, o tenente-xeneral Álava, Alcalá Galiano, Escaño e Cisneros; e por parte francesa, os almirantes Dumanoir e Magon, e os capitáns de navío Cosmao, Maistral, Villiegris e Prigny.
Naquel momento anúnciabase unha tormenta, polo que Gravina pensaba que o mellor era quedar no porto de Cádiz, onde estarían seguros, ó contrario que os británicos, que sufrirían graves danos ó estar mar aberto. Por outra parte, non crían que os británicos decidisen atacar Cádiz, pois era un porto moi seguro. Ademáis, sabían que a tripulación combinada era moi inferior, pois a dos barcos españois estaba sobre todo composta por campesiños reclutados forzosamente.
Villeneuve preferiu desoir os consellos do mando español, pois coñecía que Rossily se dirixía a Cádiz e que ía a relegalo do mando.
[editar] Desenvolvemento da batalla
Por elo, mandou saír a flota mar aberto. A armada combinada avanza ben cara o sur, pero ó avistar as naves inglesas, Villeneuve ordena virar os navíos cara Cádiz de novo. A viraxe é completamente defectuosa, quedando divididas as naves en varios grupos.
Nelson aprovéitase disto, e formando a súa flota en dous grupos navega perpendicularmente cara á flota franco-española. Trala a célebre frase "Inglaterra espera que cada un cumpra co seu deber", os buques británicos comezan a súa marcha.
Ás 12 da mañán, o Fogueaux e o Santa Ana, buques combinados, abren fogo sobre o Royal Sovereign, iniciando o combate. Poucos buques se salvan do bombardeo: o Victory (buque de Nelson) é alcanzado polas balas de canón do Hérors.
Á 1 do mediodía, a columna da armada combinada está partida por varios lugares. Á unha e cuarto, un mariñeiro francés do Redoutable dispara sobre Nelson, que cae ferido mortalmente.
A manobra preparada por Nelson da os seus frutos e agora a flota franco-española está dispersada, con oito buques lonxe dos combates que intentan volver xunta ó resto da flota, xa ás dúas do mediodía.
No lugar do combate, os barcos franco-españois son bombardeados e abordados a placer polos buques británicos. É hundido incluso o Santísima Trinidade, o maior buque que tiña España nesa época.
Ás catro e media deixan de soar as baterías. Villeneuve rinde o seu barco, o Bucentaure, ós ingleses, e é feito prisioneiro. A batalla finaliza con victoria británica. Os británicos non perden un só navío (fronte ós 18 buques combinados), mais perden o brillante comandante Nelson. O bando español tamén ten grandes perdas entre os seus almirantes: Churruca, Álava e Alcalá Galiana. Tamén morre Gravina polas heridas causadas na batalla, pero meses despois.
[editar] Trala Batalla
O parte da batalla, coñecido bastante despois, deu o seguinte resultado: 3.692 mortos e 3.779 feridos, dos mortos, non chegaban a 500 os británicos.
A victoria de Gran Bretaña supuxo a paralización da súa invasión por parte francesa (cando foi informado da derrota, Napoleón estaba planeando a invasión a Gran Bretaña, e dixo "gardade esos mapas, non os necesitaremos en moito tempo"), a súa consolidación como potencia hexemónica naval e o final de España como gran potencia naval.
Villeneuve, humillado pola derrota, foi levado a Londres, onde foi liberado, e no seu camiño de volta a Francia se suicidou, según a versión oficial. Sen embargo, hai fontes que din que Napoleón o mandou asesinar.