Cambises I
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cambises I o Vello (c. -600 – -559) foi rei de Anshan desde c. -580 ata -559 e foi pai de Ciro II o Grande. O seu nome en grego era Καμβύσης, de onde o latín Cambyses.
Cambises era un antigo membro da dinastía aqueménida. Aparentemente era o bisneto do seu fundador Aquemenes, neto de Teispes e fillo de Ciro I de Anshan. O seu tío paterno reinou como Ariaramnes de Persia e o seu curmán como Arsames de Persia.
De acordo con Heródoto, Cambises foi "un home de boa familia e costumes tranquilos". Reinou baixo o goberno supremo de Astiaxes, Rei de Media. Seica estivo casado coa princesa Mandane de Media, filla de Astiaxes e da princesa Arienis de Lidia. A súa muller era supostamente a neta tanto de Ciaxares de Media e de Aliates II de Lidia. O resultado da súa voda foi o nacemento do seu sucesor Ciro o Grande.
Segundo Heródoto, Astiaxes escolleu a Cambises como xenro porque non o consideraba ameaza ningunha para o trono de Media. Ese non foi o caso de Ciro II que había depoñer ao seu avó.