Grego antigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da lingua grega (ver tamén: alfabeto grego) |
Protogrego (c. –2000)
|
Micénico (c. -1600–-1100)
|
Grego antigo (c. –800–-300) Dialectos: Eolio, Arcadochipriota, Ático, Dórico, Macedonio, Xónico |
Koiné (desde c. -300)
|
Grego bizantino (c. -330–1453)
|
Grego moderno (desde 1453) Dialectos: Capadocio, Chipriota, Demótico, Griko, Katharevousa, Póntico, Tsakonio, Ievánico |
O grego (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα hê hellênikề glỗtta) é unha das linguas indoeuropeas, chegada a Grecia entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Este artigo trata do grego antigo; para o grego moderno ver o artigo específico.
Índice |
[editar] Os dialectos
En orixe, había unha gran variedade de dialectos, reunidos en catro grupos: arcado-chipriota-panfilio, occidental ou dórico, eolio e xónico-ático.
Falar do grego antigo non ten moito sentido se se quere referir a un dos idiomas antigos: nos feitos, sen embargo, o grego designa o dialecto de Atenas. O ático (dialecto do grupo xónico-ático), lingua da antiga Atenas, é a lingua na que se escribiu a maioría da literatura grega clásica. Baixo a influencia de Alexandre o Grande, o emprego dos dialectos foi refreouse, de sorte que o mundo grego utilizase a koiné, lingua común (é o senso do adxectivo koinós) xurdida de varios dialectos do grupo xónico-ático. Esta permitíalle comunicarse co seu exército e ensinábase aos habitantes das rexións conquistadas, converténdose así na lingua franca da Antigüidade, en competencia co latín. A koiné converteuse pronto na lingua oficial do Imperio romano de Oriente, antes de continuar a evolucionar para dar lugar ao grego moderno de hoxe.
Para un estudo comparativo dos diferentes dialectos, consultar Dialectos gregos.
[editar] Escrituras
A primeira forma d escritura testemuñada para notar un dialecto grego é o lineal B, un silabario sen relación co alfabeto grego, que servía para transcribir unha forma arcaica dun dialecto do que máis tarde derivan os do grupo arcado-chipriota-panfilio, o micénico empregado en Grecia continental e en Creta entre -1550 e -1200 aproximadamente. Entre -800 e -200, unha escritura próxima, o silabario chipriota, foi utilizada en Chipre. Este silabario podría descender do chipro-minoico (cf. infra).
Compre notar que existiron en Grecia escrituras máis antigas que o lineal B e o chipriota, sen que se saiba se serviron para escribir o grego:
- o Lineal A (entre -1800 e -1450, en Creta e nas illas do mar Exeo];
- o cretense xeroglífico (entre -1750 e -1600, en Creta) ;
- o chipro-minoico (entre -1500 e -1200, en Chipre), se cadra derivada do Lineal A.
A continuación empregouse o alfabeto grego, herdado dos Fenicios e do seu alfabeto, que tivo diferentes versións (chamadas epicóricas) a partir dos séculos IX ou VIII e que logo se normalizou e se impuxo ao resto do mundo helenófono por Atenas en -403. Ao engadiren as vogais a este abjad semítico, os Gregos son os inventores dos alfabetos occidentais. En efecto, tomado prestado polos Etruscos (cf. Alfabeto etrusco), que o transmitiron aos Romanos, deu lugar ao alfabeto latino, pero tamén, sen pasar polos etruscos, ao alfabeto gótico, ao cirílico, ao alfabeto copto,...
A historia do alfabeto grego constitúe un artigo separado.
[editar] Fonoloxía
Consultar Pronunciación do grego antigo para un artigo completo.
Resume:
O grego antigo é unha lingua con acento de altura, que posúe dúas (ou tres, segundo as interpretacións) entoacións: aguda e circunflexa (cf. Acentuación do grego). Caracterízase tamén por un sistema de consoantes aspiradas e por un xogo de oposicións de cantidades vocálicas. Hai moitas regras de sandhi, tanto internas como externas.
Ao pasar do indoeuropeo ao grego, a lingua sufriu moitas modificacións fonéticas. As máis importantes explícanse coa lei de Grassmann, a lei de Osthoff e a lei de Rix. Nótase tamén por outra banda que o grego permite restituír en moitos casos a coloración das laringais IE. Na clasificación tradicional das linguas indoeuropeas aparece como unha lingua centum.
[editar] Morfoloxía
O grego, como outras linguas indoeuropeas antigas, é altamente flexiva. Ademais de polo emprego de desinencias, o grego se caracteriza por procedementos herdados do indoeuropeo como a alternancia vocálica, o uso da reduplicación e do aumento nos verbos.
[editar] Sistema nominal
O artigo completo atópase en Declinacións do grego antigo.
Por exemplo, os nomes distinguen cinco casos (nominativo, vocativo, acusativo, xenitivo e dativo), tres xéneros (masculino, feminino e neutro, ás veces reducidos a unha oposición animado / inanimado) e tres números (singular, dual, plural e colectivo para os neutros). O grego moderno xa non emprega o dativo, excepto en certas expresións como en taxei, pero os outros casos consérvanse xeralmente.
Hai tres grandes tipos de declinacións, tanto para os nomes como para os adxectivos (tipo en -α/η, tipo temático en -ος e tipo atemático), que, a súa vez, teñen subtipos. Os pronomes seguen un sistema propio e que, por ter influenciado os tipos nominais,non está moi separado destes.
A complexidade da flexión nominal vén da súa riqueza.
[editar] Sistema verbal
O artigo completo atópase en Conxugacións do grego antigo.
Os verbos teñen tres voces (activa, media e pasiva), tres persoas e tres números. Conxúgase en seis modos, catro persoais (indicativo, imperativo, subxuntivo e optativo) e dous impersoais (infinitivo e participio). Hai sis tempos (presente, imperfecto, aoristo, futuro, perfecto e pluscuamperfecto), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o futuro anterior.
Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres aspectos (imperfectivo, aspecto cero e estático) e moitos modos de proceso (incoativo, iterativo, frecuentativo, etc.). so o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, so se indica aspecto.
Hai dúas grandes categorías de conxugacións: os temáticos (ou verbos en -ω) e os atemáticos (chamados verbos en -μι). Estas categorías divídense nun gran número de subcategorías. O sistema verbal é moi complexo pois a flexión xoga con moitos procedementos, como a alternancia vocálica, a sufixación o xogo de desinencias, o emprego dunha vogal temática, o aumento e a reduplicación. A todos estes procedementos hai que engadir as modificacións fonéticas importantes no seo dun mesmo paradigma.
Así, non é esaxerado dicir que hai máis verbos irregulares que regulares.
[editar] Influencia do grego antigo sobre as linguas modernas
[editar] Palabras cultas e raíces gregas
Un gran número de palabras en latín, galego, castelán, francés e inglés, por non citar máis linguas, son de orixe grega e a maioría dos neoloxismos cultos utilizados polo mundo adiante están forxados con raíces gregas (a miúdo mesturadas con radicais latinos). So unhas poucas linguas, como o islandés de xeito sistemático e, nunha menor medida, o alemán, non empregan estas raíces, senón que traducen por calco os termes cultos gregos a través de raíces que lles son propias.
[editar] Palabras correntes
Palabras como bodega ou carácter' veñen tamén do grego. Pasadas polo latín e herdadas como tal no galego (ou a través doutra lingua), sufriron as mesmas modificacións fonéticas que as outras palabras herdadas e agora están moi separadas do seu étimo grego: cómpre recoñecer tras elas ἀποθήκη apothếkê e χαρακτήρ kharaktếr.
[editar] O dédalo sincrónico do cosmos político
Velaquí, para ilustrar a omnipresencia do grego nas linguas occidentais, un extracto dun texto de Xenofonte Zolotas (Ξενοφών Ζολώτας) no que cada palabra (agás as gramaticais) é de orixe grega:
- Sen apostrofar a miña retórica no énfase e na plétora, analizarei elipticamente, sen galicismo ningún, o dédalo sincrónico do cosmos político caracterizado por síndromes de crise que paralizan a organización sistemática da nosa economía. Nós somos periodicamente escépticos e neurasténicos ante estes paroxismos perifrásicos, esta bulimia dos demagogos, estas hipérboles, estes paradoxos hipócritas e cínicos que simbolizan unha democracia anacrónica e caótica. Os fenómenos fantásticos que nos profetizan para a época astronómica han destronar os programas raquíticos, híbridos e esporádicos do noso ciclo atómico. [...]
[editar] Varios
- código ISO 639-2: grc
[editar] Ver tamén
[editar] Artigos relacionados
- Lingüística
- Dicionario das linguas
- Linguas par familia
- Dialectos gregos;
- Declinacións do grego antigo;
- Conxugacións do grego antigo
- Fonoloxía do grego, Acentuación do grego;
- Alfabeto grego, Diacríticos do alfabeto grego, Letras suplementarias do alfabeto grego e Historia do alfabeto grego;
- Grego moderno;
- Dicionario das linguas
- Literatura grega.
[editar] Ligazóns externas
- Xerador de texto aleatorio grego ademais do habitual lorem ipsum.
- Dictionnaire Freelang - Dicionario grego-francés/francés-grego
- Dictionnaire Freelang - Dicionario grego antigo-francés/francés-grego antigo