Castelo de Monterreal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Castelo con construcións do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Na actualidade, e dende 1966, é o Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar.
Índice |
[editar] Situación
Sitúase no concello de Baiona, na comarca de Vigo, provincia de Pontevedra, nun entorno de gran beleza paisaxística á beira do mar.
[editar] Historia
A súa apariencia actual ven da reconstrución do século XVI feita por Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, que o renombrou como Castelo de Monterreal na honra dos Reis Católicos.
Entre os seus muros leváronse a cabo acontecementos históricos de gran importancia para o noso país. Na estructura quedan patentes dúas épocas: a medieval e a renacentista aínda que as primeiras noticias fixan a súa existencia (como castro ou castellum) no século II a.c..
No ano 60, cando Xulio César conquistou Baiona tendo que perseguir aos rebeldes ata os seus refuxios das illas Cíes. Os romanos, os visigodos e os musulmáns tamén deixaron as súas pegadas neste castelo.
No ano 1331 foi atacada pola flota portuguesa do almirante Peñaza, fixando Fernando I de Portugal nel a súa residencia.
Soportou os ataques de piratas encabezados por Francis Drake e veu a chegada o 1 de marzo de 1493, da Carabela A Pinta, sendo a primeira en recibir a nova do descubrimento de América.
No ano 1474 Pedro Madruga, tras atacar Baiona construíu no Monte Boi unha torre, da que aínda se conservan vestixios.
[editar] Descrición
O actual conxunto distribúese nunha superficie de 18 hectáreas, con tres portas de acceso: a do Sol, a mais antiga; a do Príncipe coroada por un blasón; e a Real, do século XVI con arco de medio punto e os escudos dos Sarmiento, de España e o dos Austrias.
Do antigo castelo quedan tres quilómetros das súas antigas murallas e camiños de ronda.
O rei de León Afonso IX mandou realizar importantes obras entre os séculos XII e XIII, e mais tarde Filipe IV promoveu novas reformas nas murallas.
O Castelo está defendido pola Torre da Porta do Sol, onde se sitúa unha rampa cunha ponte levadiza, e tres grandes torres:
- A Torre do Príncipe, de estructura cadrada que conta cun torreón circular e pilastras cilíndricas. Foi prisión do rei portugués Afonso Henriques. Dende ela pódense ver as illas Estelas e as Cíes. Esta torre foi nun principio un faro destruido por Almanzor no ano 997, e que reconstruiu Afonso VI no ano 1027.
- A Torre da Tenaza, de planta heptagonal dominando a bahía coas súas baterías defendendo o porto. Serveu de polvorín e como prisión do Bispo de Tui Diego de Muros por parte de Pedro Madruga.
- E a Torre do Reloxo que conta con multitude de ameas e defende a terra firme. De planta cadrada foi reedificada no século XVII. Conta con sesis pezas de artillería.
A pesares das torres, o edificio rodéase de grosos e altos muros.
[editar] Ligazóns externas
Páxina de turismo das Rías Baixas