Reis Católicos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécense por Reis Católicos a Fernando II de Aragón e Isabel I (antiga grafía Ysabel I) raíña de Castela e León, que a finais do século XIV e comezos do século XV unificarían baixo a mesma coroa tódolos estados hispánicos (excepto Portugal, sería o seu bisneto Filipe II quen completaría a unión temporal de toda a Península Ibérica). Baixo o reinado destes reis ocorreron certos acontecementos de gran relevancia, a saber:
- Conquista do derradeiro estado musulmán de Granada.
- Conquista do reino de Navarra polo Duque de Alba.
- Descobremento do Novo Mundo.
- Expulsión dos xudeus.
- Creación da Santa Irmandade.
[editar] Difícil comezo
Despois da proclamación en Castela de Isabel como raíña, plantexouse un pleito dinástico. Xoana a Beltranexa, apoiada por algúns nobres e polo seu prometido o rei Alfonso V de Portugal, defendeu os seus dereitos á coroa polas armas. Así, houbo en terras de Castela unha guerra civil durante anos ata as victorias de Toro e Albuera e a definitiva paz de Trujillo en 1479. Ese mesmo ano Fernando hereda a coroa de Aragón do seu pai. Alfonso V renunciou ás súas aspiracións sobre Castela e Xoana a Beltranexa retirouse ó Convento de Santa Clara en Coimbra (Portugal).
[editar] A concordia de Segovia
Don Fernando, alegando ás costumbres aragonesas que excluían do trono ás mulleres, tentou gobernar só en Castela. A negativa de Isabel e dos nobres casteláns fixo que se firmara a Concordia de Segovia no alcázar. O goberno de ambos reinos sería conxunto, e sobre os tronos e nos guións militares escribiuse a consigna "Tanto monta", como símbolo de unión dos reis.