Castelo de Sandiás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Situación
O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como A Torre de Sandiás, ou coma A Torre do Castro, é un castelo situado no lugar do Castro, no concello de Sandiás, na comarca da Limia, provincia de Ourense.
[editar] Historia
A fundación deste castelo aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal.
No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 arrasárono os Irmandiños e logo da revolta reconstruíse de novo. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia.
[editar] Situación actual
Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os muros de case 4 metros de grosor. Constaba, ademais de soto, 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.