Sandiás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sandiás | |
---|---|
Image:Escudo Sandiás.jpg | |
Situación | |
Xentilicio 1: | Sandiao |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Ourense |
Comarca: | Limia |
Área: | 53 km² |
Entidades de poboación: | 18 |
Capital do concello: | Sandiás |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | 893 m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2005) | |
Poboación: | 1.554 hab. |
Densidade: | 29,90 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 6 (803 votos - 61,39 %) BNG 1 (209 votos - 15,98 %) PSdeG-PSOE 2 (284 votos - 21,71 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | M. Concepción Méndez Gándara (PP) |
Eleccións municipais en: 'Sandiás' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | 1.621 - 100 % |
Votantes: | 1.312 - 80,94 % |
Abstencións: | 309 - 19,06 % |
Votos en branco: | 12 - 0,92 % |
Votos nulos: | 4 - 0,3 % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | 32077 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.sandias.es |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Ourense en Galicia. Pertence á Comarca da Limia.
Poboación en 2005: 1.554 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (1.584 en 2004, 1.618 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Sandiao
Índice |
[editar] Situación
O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de Ourense formando parte da comarca natural da Limia. Ten unha superficie de 53 Km2 e ocupa, en gran parte, as terras da desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia, polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con Vilar de Santos.
As principais vías de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a autovía A-52, que atravesan o concello en sentido noroeste-sueste.
A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6 Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de Allariz.
[editar] Socioeconomía
Este concello conta na actualidade cunha poboación de 1.554 habitantes (IGE, Padrón municipal de habitantes ano 2005) distribuída en 18 núcleos de poboación que se agrupan en tres parroquias: Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás.
É un municipio que se caracteriza por ser esencialmente agrícola, o seu principal cultivo é a pataca. Neste concello dáse unha clara contraposición entre a parte noroccidental, montañosa, dedicada á producción forestal, e as restantes, chans, dedicadas a cultivos agrícolas. Proba da súa orientación cara a cultivos agrícolas é o aproveitamento do 50% das terras labradas. O concello de Sandiás xunto co de Xinzo de Limia, abranguen o 88% do total da superficie comarcal dedicada ó cultivo da pataca por agricultores a título principal. As súas explotacións teñen maior tamaño cás que son habituais en Galicia debido ás grandes parcelas producto do desecamento da lagoa de Antela e á concentración parcelaria posterior. O nivel de mecanización é un dos máis altos de Galicia.
Nos derradeiros anos destaca a súa orientación cara á gandería intensiva coa construcción de numerosas granxas pertencentes ó grupo empresarial COREN. É tamén coñecido pola industria extractiva de áridos, xa que a práctica totalidade das areeiras da Limia se sitúan neste concello. Esta area é moi apreciada para a construcción e fornecen toda Galicia e o norte de Portugal.
Neste concello atópase o Centro Ecuestre de Antela, pertencente á Deputación Provincial de Ourense, onde se celebran competicións hípicas.
[editar] Historia
Os primeiros sinais de poboación destas terras sitúannos nos poboados lacustres da lagoa de Antela, que foron estudiados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como ¨cortellos¨, que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estos poboados estarían situados no espacio que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles frente a Zadagós e a Cardeita).
Máis tarde, na Idade dos Metais, os poboados castrexos asentaríanse nos montes do Castro, preto de Sandiás, e no monte Pendón preto de Piñeira de Arcos.
Na romanización atravesaba o concello a Vía XVIII ou Vía Nova, unha das vías romanas de máis importancia do noroeste da península que unía as cidades de Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as cidades máis populosas do noroeste da Hispania.
Do paso desta vía quédannos os miliarios de Vilariño das Poldras e de Zadagós. O Itinerario de Antonino do século III fai mención da mansión Geminas, parada de postas e hospedaxe, que se situaría no actual Sandiás.
A proba da gran romanización da Limia sería a canalización da lagoa de Antela, a través dun emisario principal e dunha tupida rede de pequenas canalizacións das que aínda se poden observar os restos en forma de U na área recreativa da canle da lagoa.
Da invasión dos suevos e dos pobos xermánicos somentes quedan lembranzas na toponimia como no caso de Sandiás, un topónimo derivado dos invasores –vén do xermánico Sánd-ila– que significa ¨verdadeiro¨.
Na Idade Media son continuas as loitas entre Afonso VII de Castela e León e Afonso I de Portugal pola posesión do condado da Limia. Será seguramente no contexto das loitas fronteirizas do século XII cando se constrúa o castelo do Castro (O Castro) sobre o predio do antigo castro. Este castelo participou nas loitas pola separación de Portugal, nas continuas liortas nobiliarias, e o levantamento dos Irmandiños. Boa parte da súa función refiríase ó control dos viaxeiros e mercadorías da encrucillada de camiños que era a Limia Alta.
Atravesaba o concello a Vía da Prata empregada polos peregrinos do sur de España e os procedentes do Camiño Portugués de Chaves e Vilareal.
Na Idade Moderna sufriu, coma toda a zona fronteiriza, as consecuencias das loitas con Portugal, e tivo que soportar as levas forzosas de homes para a guerra e contribuír ó sostemento das tropas na raia.
A finais do século XVII e no XVIII os fidalgos escomezan a construir e a remodelar, a maioría dos pazos e casas grandes (O Penedo, O Telleiro, O Espido,..). Os fidalgos, xunto co clero, desempeñaron un papel fundamental na sociedade campesiña galega dende comezos no século XVI ata o século XIX.
No século XVIII, a economía baseábase na agricultura. Tendo grande importancia o cultivo do liño que constitúe a base dunha importante industria textil artesá, formada por 54 tecedeiras e 7 xastres segundo o Catastro de Ensenada, que lles reportaba importantes ingresos ás familias labregas, non obstante, a introducción dos novos tecidos de algodón reduciu esta producción ó autoconsumo.
O señorio de Sandiás tivo numerosas trasmisións destacando como posesión do conde de Benavente, avanzada da nobreza castelá sobre Galicia. Piñeira de Arcos foi sometida a xurisdicción do conde de Maceda e Zadagós era xurisdicción do bispo de Valladolid.
No primeiro tercio do século XX, tiveron unha forte implantación no concello o agrarismo e as ideas republicanas.
Xa na dictadura o feito máis salientable foi o desecamento da lagoa de Antela a partir da Lei de 27 de decembro de 1956, que supuxo unha das poucas actuacións de ordenamento agrícola do franquismo en Galicia, ademais dunha transformación radical na fisonomía do territorio e nas súas condicións ambientais.
Evolución da poboación de: Sandiás - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
2.388 | 2.749 | 3.407 | 2.481 | 1.585 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Véxase tamén
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás | |
---|---|
Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo) |
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Ligazóns externas
Web oficial do Concello de Sandiás
Sitio web con información sobre o Concello de Sandiás
[editar] Galería de imaxes
Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Sandiás