Catálogo de selos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un catálogo de selos é un catálogo que compila emisións de selos postais. Aínda que basicamente é unha lista ordenada e numerada de descricións e prezos de selos, na práctica un catálogo é un elemento esencial do coleccionismo de selos.
Xeralmente séguese a cronoloxía das emisións, numerándose correlativamente os selos de cada serie segundo a orde crecente do seu valor facial.
O catálogo sérvelle ó coleccionista para controlar os selos que lle falta, a orientación dos prezos, o número de referencia para comprar, vender e intercambiar. Pero non hai que esquecer que o prezo de catálogo é orientativo, o prezo real pode variar e de feito xeralmente varía grandemente xa que o valor indicado polos catálogos fan referencia a selos en bo estado que se corresponde co prezo de venda polo miúdo dos comerciantes, do que se deduce que o prezo de compra é menor
[editar] Historia
Orixinalmente os catálogos eran listas de prezos de comerciantes ós que co paso do tempo se lles foi engadindo informacións sobre as emisións. Aínda hoxe os catálogos seguen a ser publicados por comerciantes filatélicos ou firmas agrupadas ou asociacións deles.
O primeiro catálogo de selos apareceu en Francia o 21 de decembro de 1861 editado por Alfred Potiquet, o que seguiu un par de meses despois o catálogo de Jean Baptiste Moëns en Bruxelas. Nese ano de 1862 apareceu tamén o primeiro catálogo con emisions de todo o mundo publicado por Berger Lebrault. O primeiro catálogo de selos españois que se publicou en España data de 1870 publicado por Esteban Argilés en Zaragoza. O primeiro catálogo portugués é de 1894 publicado por Faustino António Martins.
[editar] Catálogos
Existen diferentes tipos de catálogos:
- Catálogos Xerais, reseñan todas as emisións aparecidas en todo o mundo desde 1840. Son moi poucos os catálogos xerais.
- Yvert et Tellier, francés e historicamente o máis utilizado na Europa occidental.
- Stanley Gibbons, británico, o máis utilizado no Reino Unido e Irlanda.
- Michel, alemán, o máis utilizado en Alemaña e na Europa central e nórdica.
- Scott, norteamericano, domina o mercado norteamericano e é tamén o máis empregado en toda América.
- Catálogos por países, reseñan as emisións aparecidas nun ou varios países. Moitos adoitan ter dúas edicións, a normal e a especializada que inclúe variedades, erros, diferentes dentados, prezo en solto, parella ou grupos de catro, sobre carta, etc.
- Australia: The Australasian Stamp Catalogue e The Australian Commonwealth Specialists' Catalogue
- Austria: ANK
- Bélxica: Catalogue Officiel de Timbres Poste
- Canadá: Darnell
- China: Ma
- Corea do Sur: Korean Postage Stamp Catalog
- Dinamarca: AFA
- España: Anfil, Edifil e Filabo
- Filipinas: ABdA
- Finlandia: LAPE
- Francia: Cérès e Dallay
- Grecia: Vlastos
- Hong Kong: Yang
- Israel: Bale
- Italia: Bolaffi e Unificato
- Luxemburgo: Prifix
- Nova Celandia: ACS
- Países Baixos: NVPH
- Portugal: Afinsa (acusado por medios filatélicos portugueses de inflar os prezos o que se viu avalado polas recentes actuacións da xustiza española)
- Suecia: Facit
- Suíza: SBK e Zumstein
- Xapón: JSDA e Sakura
- Catálogos Temáticos, reseñan todos os selos dun tema determinado.
Os catálogos temáticos máis coñecidos son os de Domfil con catálogos temáticos que van dende os automóbiles ata o xadrez