Cero
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Número, representado por "0", que indica a inexistencia de algo.
Cero (0) é un número enteiro que precede ao un positivo (1) e a todos os outros números positivos, e segue ao un negativo (-1) e a todos os números negativos.
O cero é un número introducido polos matemáticos indús e significa nada, baleiro ou unha ausencia de valor. Por exemplo, se o número de irmáns que ten alguén é cero, entón esa persoa non ten irmáns. Se a diferenza entre o número de pezas en dúas pilas é cero significa que as dúas pilas teñen a mesma cantidade de pezas.