Compilador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un compilador é un programa que transforma o código escrito en linguaxe de alto nivel nunha secuencia de instruccións (programa) que será executada por un sistema computacional. O código de alto nivel tamen se designa como código fonte ou source code. O código compilado designase como código obxecto ou obxect code.
A arquictetura convencional dun compilador dividese en Análise e Síntese. A Análise pode ser subdividida á súa vez en análise léxica, análise sintática e análise semántica. A Síntese é máis variada, podendo estar composta polas etapas de Xeración de código intermedio, optimización de código e xeración de código final (ou código máquina). Somente esta última etapa é obrigatoria.
En linguaxes de programación híbridas, o compilador ten o papel de converter o código fonte nun código chamado de "byte code", que é unha linguaxe de baixo nivel. Un exemplo deste comportamento é o do compilador da linguaxe Java que, en vez de xerar código da máquina hóspede (onde se está executando o compilador), xera un código universal, entendible por calquer "intérprete Java", chamado Java Byte Code.