Constantino XI
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Constantino XI Paleólogo (ás veces numerado Constantino XII ou Constantino XIII), tamén coñecido como Constantino Dragases, (8 de febreiro de 1404 - 29 de maio de 1453)
Foi o último emperador reinante do Imperio Bizantino desde 1449 ata a súa morte. Constantino naceu en Constantinopla, o oitavo dos dez fillos de Manuel II e Helena Dragas a filla do príncipe serbio, Constantino de Serres. A Constantino gustáballe ser coñecido polo apelido da súa nai, Dragas (serbio Dragaš) Dragases, o cal ela herdou do seu pai serbio. Pasou a maior parte da súa infancia en Constantinopla baixo a supervisión dos seus pais. Constantino converteuse no déspota de Morea (o nome medieval do Peloponeso) en 1443, a cal gobernaba desde o seu palacio en Mistra. Casou dúas veces: a primeira vez o 1 de xullo de 1428 con Magdalena Tocco, a sobriña do gobernante italiano de Epiro, quen con todo morreu en novembro de 1429; a segunda vez con Caterina Gattilusio, filla do lord xenovés de Lesbos, quen morreu en 1442. Non tivo fillos con ningunha das dúas esposas.
Cando o seu irmán, o emperador Xoán VIII Paleólogo morreu, brotou unha disputa entre Constantino e o seu irmán Demetrio sobre o trono. Apelaron entón ao sultán otomán Murad II para que arbitrase na controversia. O sultán elixiu a Constantino, quen foi coroado en Mistra o 6 de xaneiro de 1449. Constantino intentou casar cunha curmá afastada, a viúva de Murad II, pero a relación non prosperou. De inmediato, o sultán Mahomet II comezou a facer presión pola posesión de Constantinopla. Desesperado por algún tipo de asistencia militar, Constantino apelou a Occidente, pero lle negaron calquera axuda a menos que unise a Igrexa Ortodoxa coa Igrexa Católica. Constantino declarou unidas as igrexas en 1452, pero esta unión foi abrumadoramente rexeitada polos seus súbditos e foi causa de inimizade co seu primeiro ministro e comandante militar o megaduque (Gran Duque) Lucas Notases.
Mahomet II ofreceu a Constantino a opción de gobernar sen interferencias en Mistra antes de asediar Constantinopla, pero este rexeitouno, preferindo loitar e morrer defendendo o Imperio. O seu desexo fíxose realidade xa que foi morto mentres defendía as murallas de Constantinopla o 29 de maio de 1453. A súa cabeza foi cortada polos otománs e exhibida por días nunha pica antes de que fose enterrado con todos os honores na cidade. Algúns cristiáns ortodoxos considérano un santo malia non ser oficialmente recoñecido como tal.
[editar] Bibliografía
- Steven Runciman, The Fall of Constantinople, 1453; Cambridge University Press, 1965; ISBN 0-521-09573-5
- Donald M. Nicol, The Immortal Emperor; Cambridge University Press, 1992; ISBN 0-521-46717-9
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Xoán VIII Paleólogo |
Constantino XI (1448-1453) |
Precede a: Último emperador bizantino |
Dinastía Paleólogo |