Darijo Srna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Darijo Srna | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Darijo Srna | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 1 de abril de 1982 | ||
Lugar de nacemento: | Metković, Croacia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Shakhtar Donetsk | ||
Posición: | Lateral, Interior | ||
Altura: | 1,82 metros | ||
Partidos internacionais: | 41 (con Croacia) | ||
Goles: | 11 (selección) | ||
Ano do debut: | 1999 | ||
Clube do debut: | Hajduk Split | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
Darijo Srna [ˈdaːriɔ ˈsrna] é un futbolista croata que na atualidade xoga para a escadra ucraína do Shakhtar Donetsk.
Pode ocupar calquera posición da banda dereita e é un auténtico especialista nos lanzamento de falta, amáis dun bo centrador.
Índice |
[editar] Clubes
Srna comeza a sua carreira no Hajduk Split. As súas boas actuacións co cadro croata fixo que os olladores do Shakhtar Donetsk se fixaran nel, e así no ano 2003 é transferido xunta un dos seus compañeiros de escadra, o gardamallas Stipe Pletikosa.
Na atualidade, dous clubes, o SL Benfica e o Liverpool FC andan tentando contratar a Srna, mais até a de agora no hai nada asinado.
[editar] Selección
Srna participou en dúas grandes competicións coa selección croata.
Na Eurocopa de Portugal no 2004 xogou dous encontros. A escadra balcánica non puido pasar da primeira rolda.
No Mundial 2006 en Alemaña, foi titular nos tres encontros que disputou o equipo. No encontro decisivo contra a Australia anotou un magnífico tanto dun lanzamento de falta dende 32 metros. Malia este gol o encontro rematou cun empate a dous, e Croacia non foi quen de pasar de rolda.
En setembro de 2006 foi expulsado xunta os seus compañeiros Bosko Balaban e Ivica Olic, da concentración que estaba a face-la selección para preparar o encontro de clasificación para a Eurocopa 2008 contra a Rusia. A causa foi unha saída nocturna a unha discoteca na que se viron implicados nuha liorta.
Despois dun tempo o adestrador xa volta contar con el para a escadra nacional.
[editar] Familia
Srna te ascendencia bosnia por parte do pai, que amáis foi gardamallas na súa xuventude.
[editar] Ligazóns
- Datos en JadranSport.org (Inglés)
- Croatian trio expelled from squad (Inglés)