New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mundial de Fútbol Alemaña 2006 - Wikipedia

Mundial de Fútbol Alemaña 2006

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Cerimonia de apertura do Mundial de Fútbol Alemaña 2006
Cerimonia de apertura do Mundial de Fútbol Alemaña 2006

O Mundial de Fútbol (ou Copa do mundo) Alemaña 2006 realizouse por segunda vez en Alemaña (a primeira vez foi no ano 1974, en Alemaña Occidental). Foi o país sé e polo tanto o único pre-clasificado. Por primeira vez na historia do campionato, o campión do torneo anterior (no caso, a selección brasileira) precisou disputar as eliminatorias previas para poder defender o dereito de participar no torneo. Trinta e dous países participaron na Copa de 2006, cuxa final aconteceu o día 9 de xullo.

A decisión de confiar a Alemaña a organización do torneo foi controvertida, xa que se esperaba que o campionato ocorrese na África do Sur. Os outros países candidatos á organización eran Inglaterra, Marrocos e Brasil. Desde que se fixo a escolla, o órgano que controla mundialmente o fútbol, a FIFA, afirmou publicamente a súa intención de rotacionar o país sé entre as súas confederacións integrantes. A sé para o Mundial seguinte foi escollida logo en seguida: Sudáfrica albergará os partidos do Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010. Como preparación para a competición, a FIFA organizou a Copa das Confederacións 2005 en Alemaña, torneo gañado por Brasil. Agárdase que a Copa do Mundo de 2014 sexa en América do Sur.

Dacordo cos resultados obtidos nas eliminatorias, os 32 países clasificados son: Alemaña (previamente clasificada como país sé), Arxentina, Brasil, Paraguai, Ecuador, México, Estados Unidos da América, Trinidade e Tobago, Costa Rica, Portugal, España, Inglaterra, Francia, Italia, Suíza, Suecia, República Checa, Ucraína, Serbia e Montenegro, Países Baixos (Holanda), Croacia, Polonia, Togo, Gana, Angola, Costa de Marfil, Tunisia, Xapón, Arabia Saudita, Irán, Corea do Sur e Australia.

Por primeira vez na historia dos Mundiais de Fútbol, tres países lusófonos estiveron presentes (Portugal, Angola e Brasil). E é a primeira vez, tamén, que a Concacaf terá catro representantes (EUA, México, Costa Rica e Trinidade e Tobago), o mesmo número que os de América do Sur e Asia.

Teamgeist™ ("espírito de equipo"), o balón oficial do campionato.
Teamgeist™ ("espírito de equipo"), o balón oficial do campionato.
Image:FIFA World Cup trophy.png
O trofeo a conquistar.

Índice

[editar] Expectativas antes do torneo

Países participantes
Países participantes

A Selección brasileira de fútbol era unha das grandes favoritas, do mesmo xeito que a Selección arxentina, a Selección inglesa e a Selección italiá. A pesares de ter obtido bos resultados nas últimas copas e xogar en casa, a Selección alemá non era favorita. Unha enquisa publicada o 16 de marzo de 2006 apuntaba que somentes o 3% dos alemáns crían na vitoria. Para esas baixas expectativas xermanas, contou a derrota contra a seleción italiá por 4-1 no día 1 de marzo nun amigable preparatorio para o torneo.

O escepticismo da poboación reflectíase nos propios xogadores alemáns. O capitán e principal xogador da selección, Michael Ballack, deu unha entrevista ó seminario deportivo alemán "Sport-Bild" no día 9 de maio afirmando que o equipo é novo e con pouca experienza, e que non sería unha sorpresa se fose eliminada na primeira fase.

Diego Armando Maradona declarou o 4 de abril de 2006 que consideraba a Brasil como principal favorita, lugar que non lle atribuía a Arxentina. Nas súas palabras: "Se non fora Brasil, depois vén Inglaterra, Italia e Alemaña"

Pelé, cando lle preguntaron sobre cal sería o favorito na súa opinión, preferiu calar, por ter errado tódalas veces que se pronunciou sobre a selección favorita: en 1994, dixo que sería a Colombia; en 1998, dixo que a España era o mellor equipo, e o Brasil tiña problemas na defensa; e en 2002, debido á mala campaña do Brasil nas eliminatorias, seleccións coma Inglaterra, Portugal, Suecia e Arxentina eran as súas preferidas. A menos dun mes do torneo, Pelé acabou admitindo que non cría na vitoria da Brasil. Para Pelé, os favoritos sempre perden. Moi criticado no seu país por tal declaración, Pelé curiosamente atinou: o Brasil acabaría eliminado por Francia nos cuartos de final.

A revista semanal alemá Stern indicou, nunha sondaxe realizada polo instituto Forsa, que entrevistou a 1000 alemáns, que o 17% dos entrevistados non cría que a súa selección pasara da primeira fase, aínda que o grupo da selección anfitrioa era considerado un grupo "frouxo". A pesares de todo, o pobo alemán apoia ao técnico pois, de acordo coa mesma sondaxe, o 66% cren que debe permanecer no cargo mesmo si o equipo perde o partido de preparación contra a selección dos EUA o 22 de marzo, en Dortmund, unha das cidades sede da Copa.

Nunha sondaxe de decembro de 2004, a revista "Sport Bild" indicou que apenas o 10,4% dos alemáns crían no título. Repetíndoa en abril, a porcentaxe diminuí ata o 5%, acreditando o 29,1% que a selección será eliminada en oitavos de final e o 10,8% pensando que sería eliminada na primeira fase. O adestrador Jürgen Klinsmann contaba co apoio dun 60% dos entrevistados.

Entre os brasileiros a expectativa era de que a selección trouxese o título novamente. Unha sondaxe divulgada no dia 25 de maio polo Instituto CNT/Sensus apuntou que 79,8% dos brasileiros cren no hexacampeonato mundial.

Na Italia, a menos dun mes para o torneo estoupou un escándalo de compra de árbitros no fútbol italiano. As denuncias acabarán sendo dirixidas ó tamén técnico da selección italiana, Marcello Lippi, [1]

[editar] Sedes

Cidade Estadio Club Capacidade
Berlín Olympiastadion Hertha Berlin 76.176
Dortmund Signal Iduna Park Borussia Dortmund 66.981
Frankfurt Waldstadion Eintracht Frankfurt 48.132
Gelsenkirchen Veltins-Arena Schalke 04 53.804
Hamburgo AOL Arena Hamburger SV 51.055
Hannover AWD-Arena Hannover 96 44.652
Kaiserslautern Fritz-Walter-Stadion FC Kaiserslautern 41.170
Köln (Colonia) RheinEnergieStadion FC Köln 46.120
Leipzig Zentralstadion FC Sachsen Leipzig 44.199
München (Múnic) Allianz-Arena Bayern Múnic 66.016
Nürnberg (Nuremberg) Frankenstadion FC Nürnberg 41.926
Stuttgart Gottlieb-Daimler-Stadion VfB Stuttgart 54.267

Un total de 12 cidades alemás foron selecionadas para recibir a fase final da Copa do Mundo de 2006 entre un total de 20 candidaturas, tendo sido descartadas Bremen, Düsseldorf, Mönchengladbach, Bochum e Duisburgo.

Os estadios comezaron a ser preparados pouco tempo despois de seleccionadas as cidades. Namentres que algúns a penas sufriron pequenas adaptas, moitos tiveron que ser completamente reformados e outros foron construídos especialmente para o torneo. Cada estadio modernizado necesitou dun investimento entre 48 e 280 millóns de euros; e máis de 1,38 billóns de euros foron gastos para os novos estadios. Como comparación, para o torneo de 1974, gastáranse 242 millóns de marcos (aproximadamente 121 millóns de euros) para a habilitación de tódolos centros deportivos.

A capacidade efectiva dalgúns dos estadios na Copa do Mundo, en particular no Westfalenstadion, será máis baixa que os números citados, xa que o regulamento da Bundesliga permite que se manteñan partes onde o público pode permanecer de pé, mentres que as regras da FIFA non o permiten, polo que deberán ser instalados asentos nas áreas con esas características para a Copa do Mundo, reducindo, así, un pouco a súa capacidade.

Tamén, durante a Copa do Mundo, moitos dos estadios serán oficialmente coñecidos por nomes diferentes, xa que a FIFA prohíbe patrocinio no nome dos estadios. Por exemplo, o Allianz Arena será coñecido durante a competición coma "FIFA WM-Stadion München" (Estadio da Copa do Mundo da FIFA Múnic), mentres que o Veltins-Arena será revertido para seu nome orixinal de "Arena AufSchalke".

Das doce cidades-sede, apenas dúas non pertencían completamente a Alemaña Occidental, Leipzig e Berlín.

[editar] Países clasificados

Mapa dos países classificados para o torneio.
Mapa dos países classificados para o torneio.

Após os partidos da rolda de clasificación do 16 de novembro de 2005, os seguintes países aseguraron a clasificación (mostrados aquí separados por asociación rexional):

[editar] Europa (UEFA)

País Participacións Clasificación
 Alemaña 15
 Croacia 2* 8 de outubro de 2005
 Francia 11 12 de outubro de 2005
 Países Baixos 7 8 de outubro de 2005
 Inglaterra 11 8 de outubro de 2005
 Italia 15 8 de outubro de 2005
 Polonia 6 8 de outubro de 2005
 Portugal 3 8 de outubro de 2005
 Serbia e Montenegro 1* 12 de outubro de 2005
 Suecia 10 12 de outubro de 2005
 Ucraína Estrea 3 de setembro de 2005
 Suíza 7 16 de novembro de 2005
 España 11 16 de novembro de 2005
 República Checa Estrea** 16 de novembro de 2005

*O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Socialista Federal de Iugoslavia (1950-1990) se clasificaron oito veces para a Copa do Mundo antes da separación das repúblicas iugoslavas a partir de 1992: Serbia e Montenegro, Croacia, Eslovenia, Bosnia - Hercegovina e Macedonia. En 1998, Iugoslavia (que se limitaba a un territorio bastante menor que o inicial) participou tamén na copa.
**Checoslovaquia foi dividida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas seleccións formadas a partires de entón son consideradas distintas de Checoslovaquia.

[editar] América do Sur (CONMEBOL)

País Participacións Clasificación
 Arxentina 13 8 de xuño de 2005
 Brasil 17 (único totalista) 4 de setembro de 2005
 Ecuador 1 8 de outubro de 2005
 Paraguai 6 8 de outubro de 2005

[editar] América Central, do Norte e Caribe (CONCACAF)

País Participacións Clasificación
 Estados Unidos de América 7
 México 12
 Trindade e Tobago Estrea
 Costa Rica 2

[editar] Asia (AFC)

País Participacións Clasificación
 Arabia Saudita 3 8 de xuño de 2005
 Corea do Sur 6 8 de xuño de 2005
 Xapón 2 8 de xuño de 2005
 Irán 2 8 de xuño de 2005

[editar] África (CAF)

País Participacións Clasificación
Angola Estrea 8 de outubro de 2005
 Costa de Marfil Estrea 8 de outubro de 2005
 Gana Estrea 8 de outubro de 2005
 Togo Estrea 8 de outubro de 2005
 Tunisia 3 8 de outubro de 2005

[editar] Oceanía (OFC)

País Participacións Clasificación
 Australia 1 16 de novembro de 2005

[editar] Sorteo

O sorteo foi o 9 de decembro de 2005, en Leipzig, Alemaña. As 32 seleccións clasificadas para a fase final da Copa do Mundo foron divididas en 8 grupos (A, B, C, D, E, F, G e H) de 4 países cada un. As seleccións do Brasil, Inglaterra, Espanha, México, Francia, Arxentina, Italia e Alemaña foron escollidas coma cabezas de serie de cada un deles.

  • Alemaña, país-sede, como tradicionalmente acontece, estará no Grupo A e o Brasil, como último campeón, fica no Grupo F, para evitar un posible confrontamente coa Alemaña antes da final.
  • Equipos do mesmo continente foron distribuídos de modo a non fiquen no mesmo grupo, coa excecpción feita a Europa, que nalgúns grupos posúen dúas seleccións, xa que tiveron máis clasificados (14) que calquera outro continente.
  • Son 8 os cabezas de serie, cada un colocado en grupos separados no sorteo en virtude de estaren todos no Pote 1. Os cabezas de serie foron escollidos o 6 de decembro. A excepción da España e México, escollidos por criterios técnicos como desempeño nas últimas dúas edicións, tódolos outros xa foran campións mundiais.
  • Potes 2, 3 e 4 son preparados "de tal forma que alcance a mellor distribución xeográfica posíbel entre os grupos."
  • Serbia e Montenegro, como a selección europea de peor posición no ránking da FIFA, foi colocada nun "pote especial" para prevenir que tres países da Zona Europea ficasen no mesmo grupo.
  • Primeiro era sorteada a selección, e despois o seu lugar no grupo.
Pote A Pote B Pote C Pote D

 Arxentina
 Brasil
 Inglaterra
 Francia
 Alemaña
 Italia
 México
 España

Angola
 Australia
 Costa de Marfil
 Ecuador
 Gana
 Paraguai
 Togo
 Tunisia

 Croacia
 República Checa
 Países Baixos
 Polonia
 Portugal
 Suíza
 Suecia
 Ucraína

 Costa Rica
 Irán
 Xapón
 Corea do Sur
 Arabia Saudita
 Trindade e Tobago
 Estados Unidos de América

Pote Especial

 Serbia e Montenegro

Máis información: Explicación da FIFA sobre o sorteo e reportaxes da BBC sobre a distribución dos cabezas de serie e dos potes.

Logo dos sorteos moitos comentaristas afirmaron que os grupos C e E eran os chamados grupos da morte, por teren fortes equipos desputándose unha praza.[1] [2]

[editar] Composición dos equipos

Cada selección consta de 23 xogadores. Cada xogador mantén o mesmo número durante todos os partidos do Mundial. No caso de lesión a selección ten o dereito da substitución até 24 horas antes do primeiro partido.[3].

[editar] Árbitros

A lista de abaixo contén os 23 grupos de árbitros do Mundial de 2006. [2]

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Essam Abd El Fatah Dramane Dante Mamadou Ndoye
2 Carlos Amarilla Amelio Andino Manuel Bernal
3 Benito Archundia José Ramirez Hector Vergara
4 Massimo Busacca Francesco Buragina Matthias Arnet
5 Coffi Codjia Celestin Ntagungira Aboudou Aderodjou
6 Frank De Bleeckere Peter Hermans Walter Vromans
7 Massimo De Santis Alessandro Griselli Marco Ivaldi
8 Horacio Elizondo Dario Garcia Rodolfo Otero
9 Valentin Ivanov Nikolay Golubey Evgueni Volnin
10 Toru Kamikawa Yoshikazu Hiroshima Kim Dae Young
11 Jorge Larrionda Walter Rial Pablo Fandino
12 Shamsul Maidin Prachya Permpanich Eisa Ghuloum
13 Luis Medina Cantalejo Victoriano Giraldez Carrasco Pedro Medina Hernandez
14 Markus Merk Christian Schraer Jan-Hendrik Salver
15 Lubos Michel Roman Slysko Martin Balko
16 Graham Poll Philip Sharp Glenn Turner
17 Eric Poulat Lionel Dagorne Vincent Texier
18 Peter Prendergast Anthorny Garwood Joseph Taylor
19 Marco Rodríguez Jose Luis Camargo Leonel Leal
20 Roberto Rosetti Christiano Copelli Alessandro Stagnoli
21 Oscar Ruiz Fernando Tamayo José Navia
22 Mark Shield Nathan Gibson Ben Wilson
23 Carlos Simon Aristeu Tavares Ednilson Corona

[editar] Árbitros de apoio

Grupo Árbitro Primeiro Asistente Segundo Asistente
1 Khalil Al Ghamdi Hamdi Al Kadri Fathi Rabati
2 Carlos Chandia Christian Julio Rodrigo Gonzalez
3 Jerome Damon Enock Molefe Justice Yeboah
4 Mohamed Guezzaz Brahim Djezzar Jean Marie Endeng Zogo
5 Kevin Stott Chris Strickland Gregory Barkey

[editar] Táboa de partidos

O sistema de disputa na fase de grupos é de todos contra todos dentro dos seus grupos en turno único. As dúas seleccións con máis puntos pasan para os oitavos de final. A partires desa fase, os partidos acontecen en eliminatorias simples até o final. Os perdedores das semifinais disputan o terceiro lugar no día anterior ó da final.

[editar] Primeira fase

Data Localidade Seleccións Grupo Resultado²
Venres, 9 de xuño de 2006 Múnic  Alemaña -  Costa Rica A 4-2 (2-1)
Venres, 9 de xuño de 2006 Gelsenkirchen  Polonia -  Ecuador A 0-2 (0-1)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Frankfurt  Inglaterra -  Paraguai B 1-0 (1-0)
Sábado, 10 de xuño de 2006 Dortmund  Trindade e Tobago -  Suecia B 0-0
Sábado, 10 de xuño de 2006 Hamburgo  Arxentina -  Costa de Marfil C 2-1 (2-0)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Leipzig  Serbia e Montenegro -  Países Baixos C 0-1 (0-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Nuremberg  México -  Irán D 3-1 (1-1)
Domingo, 11 de xuño de 2006 Colonia Angola -  Portugal D 0-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Kaiserslautern  Australia -  Xapón F 3-1 (0-1)
Luns, 12 de xuño de 2006 Gelsenkirchen  Estados Unidos de América -  República Checa E 0-3 (0-2)
Luns, 12 de xuño de 2006 Hannover  Italia -  Gana E 2-0 (1-0)
Martes, 13 de xuño de 2006 Frankfurt  Corea do Sur -  Togo G 2-1 (0-1)
Martes, 13 de xuño de 2006 Stuttgart  Francia -  Suíza G 0-0
Martes, 13 de xuño de 2006 Berlín  Brasil -  Croacia F 1-0 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Leipzig  España -  Ucraína H 4-0 (2-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Múnic  Tunisia -  Arabia Saudita H 2-2 (1-0)
Mércores, 14 de xuño de 2006 Dortmund  Alemaña -  Polonia A 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Hamburgo  Ecuador -  Costa Rica A 3-0 (1-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Berlín  Suecia -  Paraguai B 1-0 (0-0)
Xoves, 15 de xuño de 2006 Nuremberg  Inglaterra -  Trindade e Tobago B 2-0 (0-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Gelsenkirchen  Arxentina -  Serbia e Montenegro C 6-0 (3-0)
Venres, 16 de xuño de 2006 Hannover  México - Angola D 0-0
Venres, 16 de xuño de 2006 Stuttgart  Países Baixos -  Costa de Marfil C 2-1 (2-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Frankfurt  Portugal -  Irán D 2-0 (0-0)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Kaiserslautern  Italia -  Estados Unidos de América E 1-1 (1-1)
Sábado, 17 de xuño de 2006 Colonia  República Checa -  Gana E 0-2 (0-1)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Leipzig  Francia -  Corea do Sur G 1-1 (1-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Múnic  Brasil -  Australia F 2-0 (0-0)
Domingo, 18 de xuño de 2006 Nuremberg  Xapón -  Croacia F 0-0
Luns, 19 de xuño de 2006 Dortmund  Togo -  Suíza G 0-2 (0-1)
Luns, 19 de xuño de 2006 Hamburgo  Arabia Saudita -  Ucraína H 0-4 (0-2)
Luns, 19 de xuño de 2006 Stuttgart  España -  Tunisia H 3-1 (0-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Berlín  Ecuador -  Alemaña A 0-3 (0-2)
Martes, 20 de xuño de 2006 Hannover  Costa Rica -  Polonia A 1-2 (1-1)
Martes, 20 de xuño de 2006 Kaiserslautern  Paraguai -  Trindade e Tobago B 2-0 (1-0)
Martes, 20 de xuño de 2006 Colonia  Suecia -  Inglaterra B 2-2 (0-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Frankfurt  Países Baixos -  Arxentina C 0-0
Mércores, 21 de xuño de 2006 Gelsenkirchen  Portugal -  México D 2-1 (2-1)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Leipzig  Irán - Angola D 1-1 (0-0)
Mércores, 21 de xuño de 2006 Múnic  Costa de Marfil -  Serbia e Montenegro C 3-2 (1-2)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Dortmund  Xapón -  Brasil F 1-4 (1-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Hamburgo  República Checa -  Italia E 0-2 (0-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Nuremberg  Gana -  Estados Unidos de América E 2-1 (2-1)
Xoves, 22 de xuño de 2006 Stuttgart  Croacia -  Australia F 2-2 (1-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Berlín  Ucraína -  Tunisia H 1-0 (0-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Hannover  Suíza -  Corea do Sur G 2-0 (1-0)
Venres, 23 de xuño de 2006 Kaiserslautern  Arabia Saudita -  España H 0-1 (0-1)
Venres, 23 de xuño de 2006 Colonia  Togo -  Francia G 0-2 (0-0)
Nota2: Entre parénteses, o resultado do partido no final do primeiro tempo.;

[editar] Clasificacións

Regras de clasificación na fase de grupos
1. maior número de puntos obtidos en tódolos partidos do grupo;
2. diferenza de goles en todolos partidos do grupo;
3. maior número de goles marcados en tódolos partidos do grupo;

Se dúas ou máis escadras ficaran iguais no que respecta ós criterios anteriores, a súa clasificación será determinada da seguinte forma:

4. maior número de puntos obtidos nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
5. diferenza de goles resultante dos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
6. maior número de goles marcados nos enfrontamentos directos entre as escadras nos partidos do grupo;
7. sorteo realizado por parte do Comité Organizador do Campeonato do Mundo.''

Regras do campionato

[editar] Grupo A

Co fin dos partidos da segunda rolda (15/06) do Grupo A, a selección alemá e a selección ecuatoriana garantiron o seu paso á seguinte fase. Os partidos da terceira rolda definiron as posicións das mesmas no grupo. A selección polaca e a selección costarriqueña xa non tiñan oportunidades de clasificación.

[editar] Grupo B

No Grupo B, a Inglaterra tamén se garantiu a súa praza na vindeira fase. Paraguai quedou fóra da competición. A outra praza do grupo disputárona na terceira xornada Suecia e Trinidade e Tobago, saíndo os suecos gañadores.

[editar] Grupo C

Ó remate da segunda xornada (16 de xuño) do Grupo C, Arxentina e Holanda xa garantiran a súa praza na seguinte fase. Resta saber quen quedará co primeiro lugar, o que se definirá na terceira xornada. Consecuentemente, Costa de Marfil e Serbia e Montenegro xa esgotaron as súas opcións de clasificarse.

[editar] Grupo D

No día 17 de xuño, a selección portuguesa garantiuse coma sexta clasificada para os oitavos de final, ó vencer a Irán, xá sen opcións, por 2 a 0.

[editar] Grupo E

Cos partidos da segunda rolda nada se definira no grupo.

[editar] Grupo F

Brasil garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Australia por 2 a 0.

[editar] Grupo H

España garantiu a súa clasificación para a segunda fase coa vitoria sobre Tunisia por 3 a 1.

[editar] Xeral

  • Pasaron á segunda fase:
    • Alemaña
    • Arxentina
    • Australia
    • Brasil
    • Ecuador
    • España
    • Francia
    • Ghana
    • Holanda
    • Inglaterra
    • Italia
    • México
    • Portugal
    • Suecia
    • Suíza
    • Ucraína
  • Caeron eliminados na primeira fase:
    • Angola
    • Arabia Saudí
    • Corea do Sur
    • Costa do Marfil
    • Costa Rica
    • Croacia
    • Estados Unidos
    • Irán
    • Xapón
    • Paraguai
    • Polonia
    • República Checa
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
    • Trinidade e Tobago
    • Tunisia
  • Gañaron tódolos encontros da primera fase:
    • Alemaña
    • Brasil
    • España
    • Portugal
  • Perderon tódolos encontros da primeira fase:
    • Costa Rica
    • Serbia e Montenegro
    • Togo
  • Non encaixou ningún gol en toda a Copa:
    • Suíza (Levou 3 nos penaltis contra Ucraína)
  • Non fixo gol na copa:
    • Trinidade e Tobago

[editar] Clasificacións dos grupos

[editar] Grupo A

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Alemaña 9 3 2 0 0 8 2 6
 Ecuador 6 3 2 0 1 5 3 2
 Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2
 Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6

[editar] Grupo B

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Inglaterra 7 3 2 1 0 5 2 3
 Suecia 5 3 1 2 0 3 2 1
 Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0
 Trindade e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4

[editar] Grupo C

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Arxentina 7 3 2 1 0 8 1 7
 Países Baixos 7 3 2 1 0 3 1 2
 Costa de Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1
 Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8

[editar] Grupo D

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Portugal 9 3 3 0 0 5 1 4
 México 4 3 1 1 1 4 3 1
Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1
 Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4

[editar] Grupo E

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Italia 7 3 2 1 0 5 1 4
 Gana 6 3 2 0 1 4 3 1
 República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1
 Estados Unidos de América 1 3 0 1 2 2 6 -4

[editar] Grupo F

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Brasil 9 3 3 0 0 7 1 6
 Australia 4 3 1 1 1 5 5 0
 Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1
 Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5

[editar] Grupo G

Selección Pt X V E D GF GC SG
 Suíza 7 3 2 1 0 4 0 4
 Francia 5 3 1 2 0 3 1 1
 Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1
 Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5

[editar] Grupo H

Selección Pt X V E D GF GC SG
 España 9 3 3 0 0 8 1 7
 Ucraína 6 3 2 0 1 5 4 1
 Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3
 Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5

[editar] Fases seguintes

Segunda Ronda Cuartos de finais Semifinais Final
                           
24 xuño - Múnic            
  Alemaña  2 (2)
30 xuño- Berlín
  Suecia  0 (0)  
  Alemaña  1+4**(0)
24 xuño - Leipzig
    Arxentina  1+2**(0)  
  Arxentina  1+1*(1)
4 xullo - Dortmund
  México  1+0*(1)  
  Alemaña  0+0*
26 xuño - Kaiserslautern
    Italia  0+2*  
  Italia  1 (0)
30 xuño- Hamburgo
  Australia  0 (0)  
  Italia  3 (1)
26 xuño - Colonia
    Ucraína  0 (0)  
  Suíza  0+0**
9 xullo - Berlín
  Ucraína  0+3**  
  Italia  1 (5)
25 xuño - Stuttgart
    Francia  1 (4)
  Inglaterra  1 (0)
1º xullo - Gelsenkirchen
  Ecuador  0 (0)  
  Inglaterra  0+1**
25 xuño - Nuremberg
    Portugal  0+3**  
  Portugal  1 (1)
5 xullo - Múnic
  Países Baixos  0 (0)  
  Portugal  0 (0)
27 xuño - Dortmund
    Francia  1(1)   Terceiro posto
  Brasil  3 (2)
1º xullo - Frankfurt 8 xullo - Stuttgart
  Gana  0 (0)  
  Brasil  0 (0)   Alemaña  3 (0)
27 xuño - Hannover
    Francia  1 (0)     Portugal  1 (0)
  España  1 (1)
  Francia  3 (1)  

* Despóis da prórroga.
**Despóis da desputa de penaltis.
Entre parénteses: resultado no fin do primeiro tempo.

[editar] Goles marcados

No final da copa, o artilleiro recebirá a "Chuteira de Ouro" Adidas (Golden Shoe Award)[4]. O xogador brasileiro Ronaldo foi o último vencedor do premio na Copa de 2002, con 8 goles marcados, e é o único vencedor que continua xogando. Ronaldo é o maior artilleiro de todas as Copas, con 15 goles. Xa Just Fontaine é o maior artilleiro dunha única edición do torneo con 13 goles anotados na Copa de 1958.

5 goles
3 goles
  • Lukas Podolski
  • Hernán Crespo
  • Maxi Rodríguez
  • Ronaldo
  • David Villa
  • Fernando Torres
  • Thierry Henry
  • Zidane
2 goles
  • Tim Cahill
  • Adriano
  • Schweinsteiger
  • Aruna Dindane
  • Paulo Wanchope
  • Agustin Delgado
  • Carlos Tenorio
  • Patrick Vieira
  • Steven Gerrard
  • Luca Toni
  • Marco Materazzi
  • Omar Bravo
  • Bartosz Bosacki
  • Maniche
  • Tomáš Rosický
  • Alexander Frei
  • Andriy Shevchenko




FIFA World Cup Stadium, Dortmund
FIFA World Cup Stadium, Dortmund
1 gol
Flávio Amado
  • Sami Al Jaber
  • Yasser Al Qahtani
  • Carlos Tevez
  • Esteban Cambiasso
  • Javier Saviola
  • Lionel Messi
  • Roberto Ayala
  • Craig Moore
  • Harry Kewell
  • John Aloisi
  • Fred
  • Gilberto
  • Juninho Pernambucano
  • Kaká
  • Zé Roberto
  • Ahn Jung Hwan
  • Lee Chun-Soo
  • Park Ji-Sung
  • Bakary Kone
  • Bonaventure Kalou
  • Didier Drogba
  • Rónald Gómez
  • Darijo Srna
  • Niko Kovač
  • Ivan Kaviedes
  • Juanito Gutiérrez
  • Raúl González
  • Xabi Alonso
  • Clint Dempsey
  • Franck Ribéry
  • Asamoah Gyan
  • Haminu Draman
  • Stephen Appiah
  • Sulley Ali Muntari
  • Arjen Robben
  • Robin van Persie
  • Ruud van Nistelrooy


  • David Beckham
  • Joe Cole
  • Peter Crouch
  • Sohrab Bakhtiarizadeh
  • Yahya Golmohammadi
  • Alberto Gilardino
  • Andrea Pirlo
  • Filippo Inzaghi
  • Francesco Totti
  • Gianluca Zambrotta
  • Vincenzo Iaquinta
  • Fabio Grosso
  • Alessandro Del Piero
  • Keiji Tamada
  • Shunsuke Nakamura
  • Fonseca
  • Rafael Márquez
  • Zinha
  • Nelson Cuevas
  • Cristiano Ronaldo
  • Deco
  • Pauleta
  • Simão Sabrosa
  • Jan Koller
  • Nikola Zigic
  • Sasa Ilic
  • Fredrik Ljungberg
  • Henrik Larsson
  • Marcus Allbäck
  • Philippe Senderos
  • Tranquillo Barnetta
  • Mohamed Kader
  • Jaouhar Mnari
  • Radhi Jaidi
  • Ziad Jaziri
  • Andriy Rusol
  • Maksim Kalynychenko
  • Serhiy Rebrov
Goles en contra
  • Cristian Zaccardo (1)
  • Carlos Gamarra (1)
  • Brent Sancho (1)
  • Petit (1)

[editar] Clasificación final

A Clasificación final das seleccións leva en conta a fase á que a selección chegou e despois a súa pontuación así como outros criterios de desempate. Por exemplo: Ucraína cun total de 7 puntos ficou diante da España que obtivo un total de 9 puntos. Iso debido a que España foi eliminada nos oitavos de final, mentres que Ucrína saíu na fase de cuartos de final.

[editar] Finalistas

Campión  Italia
Subcampión  Francia
3° lugar  Alemaña
4° lugar  Portugal



[editar] Eliminados nos Cuartos de Final

5°.  Brasil 12 puntos
6°.  Arxentina 11 puntos
7°.  Inglaterra 11 puntos
8°.  Ucraína 7 puntos



[editar] Eliminados nos Oitavos de Final

9°.  España 9 puntos
10°.  Suíza 8 puntos
11°.  Países Baixos 7 puntos
12°.  Ecuador 6 puntos
13°.  Gana 6 puntos
14°.  Suecia 5 puntos
15°.  México 4 puntos
16°.  Australia 4 puntos


[editar] Eliminados na primeira fase

17°.  Corea do Sur 4 puntos
18°.  Paraguai 3 puntos
19°.  Costa de Marfil 3 puntos
20°.  República Checa 3 puntos
21°.  Polonia 3 puntos
22°.  Croacia 2 puntos
23°. Angola 2 puntos
24°.  Tunisia 1 punto
25°.  Estados Unidos de América 1 punto
26°.  Irán 1 punto
27°.  Arabia Saudita 1 punto
28°.  Xapón 1 punto
29°.  Trindade e Tobago 1 punto
30°.  Costa Rica 0 puntos
31°.  Togo 0 puntos
32°.  Serbia e Montenegro 0 puntos

[editar] Premiados

Vencedor
Itália
ITALIA
Tetracampioa


Premio FIFA Chuteira de Ouro (goleador): Premio FIFA Balón de Ouro (mellor xogador): Premio FIFA Yashin (mellor gardamallas) Premio FIFA Mellor Xogador novo: Trofeo FIFA Fair Play (equipo máis limpo): Equipo máis entretido:

Miroslav Klose

Zinedine Zidane

Gianluigi Buffon

Lukas Podolski
 Brasil
 España
 Portugal


Selección do Mundial

Ó final da competición un grupo da FIFA seleccionou a selección da copa, que é composta polos 23 mellores xogadores do torneo.

Gardamallas Defensores Mediocampistas Dianteiros

Gianluigi Buffon
Jens Lehmann
Ricardo Pereira

Roberto Ayala
John Terry
Lilian Thuram
Philipp Lahm
Fabio Cannavaro
Gianluca Zambrotta
Ricardo Carvalho

Zé Roberto
Patrick Vieira
Zinedine Zidane
Michael Ballack
Andrea Pirlo
Gennaro Gattuso
Francesco Totti
Luís Figo
Maniche

Hernan Crespo
Thierry Henry
Miroslav Klose
Luca Toni

[editar] Estatísticas

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
1 Italia 17 7 5 2 0 12 2 +10 80,9%
2 Francia 15 7 4 3 0 9 3 +6 71,4%
3 Alemaña 16 7 5 1 1 14 6 +8 76,2%
4 Portugal 13 7 4 1 2 7 5 +2 62,0%
5 Brasil 12 5 4 0 1 10 2 +8 80,0%
6 Arxentina 11 5 3 2 0 11 3 +8 73,3%
7 Inglaterra 11 5 3 2 0 6 2 +4 73,3%
8 Ucraína 7 5 2 1 2 5 7 -2 46,6%
9 España 9 4 3 0 1 9 4 +5 75,0%
10    Suíza 8 4 2 2 0 4 0 +4 66,6%
11 Holanda 7 4 2 1 1 3 2 +1 58,3%
12 Ecuador 6 4 2 0 2 5 4 +1 50,0%
13 Gana 6 4 2 0 2 4 6 -2 50,0%
14 Suecia 5 4 1 2 1 3 4 -1 41,6%
15 México 4 4 1 1 2 5 5 0 33,3%
16 Australia 4 4 1 1 2 5 6 -1 33,3%
17 Corea do Sur 4 3 1 1 1 3 4 -1 44,4%
18 Paraguai 3 3 1 0 2 2 2 0 33,3%
19 República Checa 3 3 1 0 2 3 4 -1 33,3%
20 Costa de Marfil 3 3 1 0 2 5 6 -1 33,3%
21 Polonia 3 3 1 0 2 2 4 -2 33,3%
22 Croacia 2 3 0 2 1 2 3 -1 22,2%
23 Angola 2 3 0 2 1 1 2 -1 22,2%
24 Tunisia 1 3 0 1 2 3 6 -3 11,1%
25 Estados Unidos 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
26 Irán 1 3 0 1 2 2 6 -4 11,1%
27 Trinidade e Tobago 1 3 0 1 2 0 4 -4 11,1%
28 Arabia Saudita 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
29 Xapón 1 3 0 1 2 2 7 -5 11,1%
30 Togo 0 3 0 0 3 1 6 -5 0,0%
31 Costa Rica 0 3 0 0 3 3 9 -6 0,0%
32 Serbia e Montenegro 0 3 0 0 3 2 10 -8 0,0%

[editar] Curiosidades

Fußball Globus en Berlín.
Fußball Globus en Berlín.
  • Con sesenta partidos disputados, a Copa do Mundo de 2006 superou o número de 0 a 0 da última edición, en 2002, en Corea do Sur e Xapón.
  • Lionel Messi, xogador arxentino, tornouse o quinto xogador máis novo en marcar gol nunha Copa do Mundo con 18 anos e 357 días. Chegou á marca ó facer o último gol da goleada arxentina de 6 a 0 sobre a selección de Serbia e Montenegro, o día 16 de xuño de 2006 en Gelsenkirchen.
  • Gamarra, xogador paraguaio, marcou o gol contra máis rápido de toda a historia dos Mundiais de fútbol, ó facer un gol ós 3 minutos do primeiro tempo, contra Inglaterra.
  • Luiz Felipe Scolari atinxiu o récord de maior número de vitorias consecutivas como técnico no torneo. Ó vencer a Holanda (25 de xuño), atinxiu once vitorias.
  • No partido Croacia vs. Australia, por un erro do árbitro, o xogador Josip Šimunić só foi expulsado após de levar o terceiro cartón amarelo.
  • A Copa do Mundo de 2006 superou o récord de cartóns vermellos de todas as outras copas.
  • As seleccións brasileira e española foron as gañadoras do Premio Fair Play. É a terceira vez que Brasil conquista o premio.

[editar] Referencias

  1. (en inglés) Artigo do xornal The Guardian sobre o 'Grupo da Morte'
  2. (en inglés) Artigo da FOX Sports sobre o 'Grupo da Morte'
  3. (en inglés) http://eur.i1.yimg.com/eur.yimg.com/i/eu/fifa/regen.pdf Regras oficiais FIFA (PDF)
  4. http://fifaworldcup.yahoo.com/06/en/w/gshoe/index.html

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

de 9 de xuño a 9 de xulloMundial de Fútbol Alemaña 2006 | Alemaña

Grupo A
 Alemaña
 Costa Rica
 Polonia
 Ecuador
Grupo B
 Inglaterra
 Trindade e Tobago
 Paraguai
 Suecia
Grupo C
 Arxentina
 Costa de Marfil
 Serbia e Montenegro
 Países Baixos
Grupo D
 México
 Irán
Angola
 Portugal
Grupo E
 Italia
 Gana
 Estados Unidos de América
 República Checa
Grupo F
 Brasil
 Croacia
 Australia
 Xapón
Grupo G
 Francia
 Suíza
 Corea do Sur
 Togo
Grupo H
 España
 Tunisia
 Arabia Saudita
 Ucraína

Mundiais de Fútbol
Uruguai 1930 | Italia 1934 | Francia 1938 | Brasil 1950 | Suíza 1954 | Suecia 1958 | Chile 1962 | Inglaterra 1966 | México 1970 | Alemaña Occidental 1974 | Arxentina 1978 | España 1982 | México 1986 | Italia 1990 | EUA 1994 | Francia 1998 | Corea do Sur e Xapón 2002 | Alemaña 2006 | Sudáfrica 2010 | América do Sur 2014

Mundiais de Fútbol Feminino: China 1991 | Suecia 1995 | EUA 1999 | EUA 2003 | China 2007

Balón
Fútbol Internacional

Competicións: Mundiais de Fútbol | Mundial Feminino | Mundial Sub-20 | Mundial Sub-17 | Copa das Confederacións | Olimpíadas | Mundial de Clubs | Mundial de Fútbol praia | Mundial de Futbito | Xogador do Ano

Confederacións: FIFA | NF-Board | AFC (Asia) | CAF (África) | CONCACAF (América Central e do Norte) | CONMEBOL (América do Sur) | UEFA (Europa) | OFC (Oceanía)


Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu