David Beckham
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
David Beckham | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | David Robert Joseph Beckham | ||
Alcume: | Becks, Spice Boy | ||
Data de nacemento: | 2 de maio de 1975 | ||
Lugar de nacemento: | Leytonstone, Inglaterra | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Real Madrid | ||
Posición: | Centrocampista | ||
Altura: | 1,82 metros | ||
Partidos internacionais: | 94 | ||
Goles: | 17 (selección), 61 (Manchester United), 2 (Preston North End), 10 (Real Madrid) | ||
Ano do debut: | 1995 | ||
Clube do debut: | Manchester United | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: |
David Robert Joseph Beckham (nado en 1975 en Leytonstone, Londres) é un futbolista inglés. Actualmente xoga no Real Madrid e é o capitán da selección nacional inglesa de fútbol. David Beckham é un dos deportistas máis coñecidos do mundo.
[editar] Manchester United FC
En 1991 asina un contrato co Manchester United para as categorías inferiores, e en 1995 debuta na Premier League, cando na temporada 1995-96 Eric Cantona foi suspendido por agredir a un espectador, Beckham convértese no novo fenómeno mediático e futbolístico do club, co que conquista o título da Premier League e a Copa FA.
Na temporada 1998-99 consegue a Premier League, a copa FA e a Liga de Campións co Manchester, un logro sen precedentes no fútbol inglés. Na temporada 2002-02 deterióranse as relacións co adestrador, Alex Ferguson polo baixo rendemento do xogador.
En total, Beckham marcou 86 goles en 397 partidos co Manchester United.
[editar] Real Madrid
O 17 de xuño de 2003 Beckham asina un contrato co Real Madrid por catro anos por 35 millóns de euros.