Economía de Tonga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Calquera habitante de Tonga maior de 16 anos pode alugar terras. A maior parte dos tongáns viven de modo autárquico da agricultura e da pesca no mar. Escomezouse un proxecto para criar un centro rexional de distribución de produtos petrolífeiros. A moeda nacional é o pa’anga (100 seniti) e a renda per cápita é de 660 dólares.
Entre os seus recursos naturais e medios de subsistencia, hai que salientar a noz de coco, as bananas, as batatas, os taros (tubérculo), as casavas (tortas de fariña), os cítricos, a vainilla e o peixe. As súas principais exportacións son a copra, o aceite de coco, a sandía e por suposto, a vainilla, os taros e as bananas.