Elvira Menéndez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elvira Menéndez, nobre galega e raíña, foi filla dos magnates galegos Hermenexildo Guterrez (conde de Tui e do Porto, e conquistador de Coímbra), e de Ermesinda, que viviu no século X.
Contraeu matrimonio no ano 900 con Ordoño (o futuro Ordoño II), fillo de Afonso III o Magno, como enlace entre a nobreza galega e a monarquía.
[editar] Raíña de Galicia
No ano 910 acadou a dignidade de raíña de Galicia á par que o seu home. A súa condición de princesa galaica concitoulle a aquel os apoios suficientes para ser coroado en Galicia. Algúns ven neste momento o nacemento dun Reino de Galicia de seu.
Tras a morte de García I de León, pasa a gobernar tamén este reino. Asinou co seu home numerosos documentos a prol da nobreza e da Igrexa Galega. A diocese de Iria Flavia-Santiago de Compostela beneficiouse das súas doazóns en vilas, servos e alfaias.
[editar] Fundadora dunha estirpe
Foi nai dos reis Sancho Ordóñez (o primoxénito e rei privativo de Galicia), Afonso IV e Ramiro II. Dela agromou unha estirpe de monarcas de Galicia e León.