Hermenexildo Guterrez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lider da nobreza galega do século IX.
Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no Norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.
[editar] Conquista de Coimbra
A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista, chegando ata o Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmana, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.
Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social cristiá no territorio portucalense. Este espazo tan avanzado xeográficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía. Sería o xermolo do futuro Reino de Portugal.
[editar] Dux de en Galicia
Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca asturiano. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuiu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.
No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).
[editar] Liñaxe real
No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei de Galicia e León Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).