Enrique Plá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Enrique Plá Deniel (Barcelona 1876 - Toledo 1968) foi un eclesiástico español.
Estudou filosofía, teoloxía e dereito canónico. Ordenouse en 1900 en Barcelona, foi profesor do Seminario de Barcelona, bispo de Ávila entre 1918 e 1935. Presidente de Acción Católica, foi un dos impulsores de Acción Popular Nomeado bispo de Salamanca en 1935, tras a sublevación contra a República cedeu a Franco o seu palacio episcopal e escribiu a carta pastoral, Las dos ciudades, onde xustificaba a rebelión de Franco, e que constituiu a fundamentación teolóxica do que denominou Cruzada.
En 1941, tras ser nomeado bispo de Toledo, converteuse en primado de España e en 1946 o papa nomeouno cardeal. Procurador en Cortes e membro do Consello do Reino e do de Rexencia. En 1960 deu o seu apoio a membros de Acción Católica que reclamaban o seu dereito a participar en folgas e pouco tempo despois Plá dimitiu dos seus cargos políticos.