ESA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Acrónimo (en inglés) da Axencia Espacial Europea (European Space Agency)
A Axencia Espacial Europea formouse en 1975 como unha organización intergobernamental dedicada á exploración do espazo, actualmente conta con 17 estados membros. As súas oficinas centrais están en París. Para ela traballan 1.900 persoas.
Índice |
[editar] Membros da ESA
Actualmente son 17 os estados membros da ESA. E son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Suecia e Suiza.
[editar] Acordos de Cooperación
Hungría e Canadá teñen un status especial, participando nalgúns proxectos en virtude dun convenio de colaboración.
[editar] Relacións coa Unión Europea
Do visto anteriormente, dedúcese que non tódolos membros da UE son membros da ESA, nin tódolos membros da ESA, o son da UE. Con todo, a Axencia Espacial Europea mantén lazos coa Unión Europea, por medioo do "Tratado Marco ESA/UE".
En virtude do Tratado Marco, ambas organizacións comparten unha estratexia europea para o espazo, e están a desenrrolar unha política espacial conxunta.
[editar] Véxase tamén
- Axencia Espacial Canadiense
- Administración Nacional China do Espazo
- National Aeronautics and Space Administration
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia de Exploración Aerospacial Xaponesa
- Axencia Rusa de Aviación e o Espazo
- Programa espacial soviético (histórico)