Europa oriental
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As conferencias de Yalta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello.
Estes países, afíns ideolóxicamente, organizáronse no:
- COMECON (Consello de Axuda Mutua Económica), creado en 1949 como resposta ó Plan Marshall (programa de créditos brandos dos EUA ós países de Europa Occidental).
- Pacto de Varsovia, alianza militar constituída en 1955 como resposta á Alianza Atllántica ou OTAN.
Na actualidade desapareceron tanto o COMECON como o Pacto de Varsovia. Os países de Europa Oriental estánse a integrar na Unión Europea e na Alianza Atlántica de xeito constante e progresivo trala caída do telón de aceiro.
Actualmente, consideranse de Europa do leste os seguintes estados:
Ver