Diego Armando Maradona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diego Armando Maradona | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Diego Armando Maradona | ||
Alcume: | 'Pelusa, O Dez, Barrilete Cósmico' | ||
Data de nacemento: | 30 de outubro de 1960 | ||
Lugar de nacemento: | Lanús, Arxentina | ||
Data de falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
Lugar de falecemento: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | |||
Posición: | Mediapunta | ||
Altura: | 1'66 metros | ||
Partidos internacionais: | 91 | ||
Goles: | |||
Ano do debut: | 1976 | ||
Clube do debut: | Argentinos Juniors | ||
Ano do retiro: | 1997 | ||
Clube do retiro: | Boca Juniors |
Diego Armando Maradona (Lanús, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 30 de outubro de 1960), futbolista arxentino, apodado "O Dez" e "Pelusa", entre outros. Está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elexido o mellor xogador do Século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.
O longo da súa vida, Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa Selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou. Os seus logros deportivos víronse moitas veces contrastados pola sua adición ás drogas e polos diversos feitos xudiciais nos que se viu involucrado.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Os seus comenzos
Criouse en Villa Fiorito, unha localidade sita no sur de Buenos Aires. O seu primeriro contacto co mundo do fútbol foi en 1969, cando realizou unha proba para entrar no clube de fútbol "Los Cebollitas".
Con 12 anos xogou algúns partidos coas divisións inferiores de Argentinos Juniors. Para que isto sucedera o adestrador debía mentir sobre a súa idade, xa que non alcanzaba a mínima disposta polo reglamento, e cando comenzou a ser coñecido inscribiuno con outro nome. O seu paso polas categorías inferiores foi moi curto, xa que antes de cumprir os 16 anos debutou no primeiro equipo de Argentinos Juniors.
[editar] Traxectoria no fútbol arxentino
O seu debut na Primeira División Arxentina prodúxose o 20 de outubro de 1976, nun partido do Campeonato Metropolitano, oportunidade na que o seu equipo Argentinos Juniors perdeu ante Talleres de Córdoba por 1-0. O mes seguinte, o día 14 de novembro, convertiu o seu primeiro gol.
Aos 16 anos foi convocado pola Selección arxentina, e en 1979 foi elixido como mellor xogador sudamericano do ano, despois de gañar o Mundial Xuvenil de Xapón onde anotou un tanto no partido definitorio frente á Unión Soviética, que finalizou coa victoria Arxentina por 3-1. Logo foi elixido como o mellor xogador do Mundial.
Foi o máximo goleador dos torneos Metropolitano 1978, Metropolitano e Nacional 1979, Metropolitano e Nacional 1980; todos coa camiseta de Argentinos Juniors. Isto otorgoulle un record no fútbol arxentino, é o único xogador que conseguiu consagrarse goleador do torneo en cinco ocasións. O seu primeiro gol coa Selección arxentina marcouno o 2 de xuño de 1979 frente a Escocia en Glasgow, onde o seu equipo venceu o local por 3 a 1.
Mentres o seu renome medraba no mundo, en Arxentina os seus dereitos federativos foron adquiridos por Boca Juniors. Debutou o 22 de febreiro de 1981 e marcou dous goles frente a Talleres de Córdoba, aínda que desta vez vingouse e o seu equipo superou o seu rival por 4-1. Ese ano gañou o torneo Metropolitano coa conducción táctica de Silvio Marzolini. En Boca Juniors xogou 40 partidos e marcou 28 goles.
[editar] O seu paso polo F.C. Barcelona
Trala sua participación no Mundial de Fútbol de 1982 celebrado en España, na que a Selección arxentina se hospedou en Barcelona, Maradona foi vendido ao Fútbol Club Barcelona que pagou 1.200 millóns de pesetas a Boca Juniors, cifra ata ese momento inaudita por un xogador no mercado mundial.
O primeiro partido oficial de Maradona co Barcelona foi o 4 de setembro de 1982, onde, pese a que converteu un tanto, o seu equipo caeu co Valencia por 2-1. En decembro de 1982, tendo disputado 13 partidos da Liga, e marcado 6 goles, detectouselle hepatitis polo que tivo que abandoar os campos por tres meses.
Reapareceu o 12 de marzo de 1983, nun partido contra o Betis, pero o FC Barcelona non puido xa aspirar a Liga, e soamente conseguiu a cuarta posición, quedando a seis puntos do campeón, o Athletic de Bilbao. Maradona disputou 20 partidos de liga e anotou un total de 11 goles.
O 26 de xuño gañou a Copa da Liga, tamén fronte o Real Madrid, sendo Maradona o autor dun gol en cada un dos dous partidos da final. O gol anotado por Maradona no Estadio Santiago Bernabéu, e que supuso a vitoria barcelonista, provocou a ovación do público madridista, que recoñeceu a beleza do gol pese a ser marcado polo conxunto rival.
A temporada 1983-84 empezou moi mal para Maradona. O 24 de setembro de 1983 enfrentáronse no Camp Nou o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao lesionouse, rompéndose o tobillo da perna esquerda. Só puido xogar 16 partidos aquela temporada, nos que marcou un total de once goles.
A final da Copa do Rei, disputada no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid o 5 de maio de 1984, enfrentaba ao Barcelona co Athletic de Bilbao, o vixente campeón de Liga. Gañou o Athletic de Bilbao por 1 a 0, pero cando o árbitro pitou o final do partido, Maradona agrediu a un xogador do Athletic e os xogadores de ambos equipos enzarzáronse nunha liorta. Tralo escándalo orixinado varios xogadores foron fortemente sancionados e a Federación Española de Fútbol impuxo a Maradona unha sanción de tres meses sen poder xogar nas competicions españolas.
[editar] Clubs
- Argentinos Juniors - 1976-1981 (166 partidos / 116 goles)
- Boca Juniors - 1981-1982 (40 partidos / 28 goles)
- FC Barcelona - 1982-1984 (58 partidos / 38 goles)
- Nápoli - 1984-1991 (259 partidos / 115 goles)
- Sevilla FC - 1992-1993 (29 partidos / 7 goles)
- Newell's Old Boys - 1993-1994 (5 partidos / 0 goles)
- Boca Juniors - 1995-1997 (31 partidos / 7 goles)
[editar] Palmarés
[editar] Campionatos nacionais
- Primeira división arxentina: 1 (Boca Juniors)
- Copa do Rei: 1 (1983, FC Barcelona)
- Liga Italiana: 2 (1987, 1990, SSC Napoli)
- Copa de Italia: 1 (1987,SSC Napoli)
[editar] Campionatos internacionais
- Copa da UEFA: 1 (SSC Nápoli)
[editar] Participacións nos mundiais
- Mundial de Fútbol de 1982 - (Arxentina) - 11º lugar
- Mundial de Fútbol de 1986 - (Arxentina) - Campión
- Mundial de Fútbol de 1990 - (Arxentina) - Subcampión
- Mundial de Fútbol de 1994 - (Arxentina) - 10º lugar
[editar] Distincións individuais
- Máximo goleador do Campeonato Nacional arxentino - (1979 e 1980)
- Balón de Ouro do Mundial de Fútbol de 1986, otorgado pola FIFA - (1986)
- Máximo goleador da Liga Italiana - (1987)
- Máximo goleador da Copa de Italia - (1988)
- Balón de Bronce do Mundial de Fútbol de 1990, otorgado pola FIFA - (1990)
- Elexido Mellor Futbolista Arxentino de tódolos tempos pola AFA - (1993)
- Balón de Ouro Honorífico pola súa traxectoria, da revista France Football - (1995)