Fasces
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na antiga Roma, as fasces eran feixes de varas que formaban un cilindro e representaban a autoridade dos altos maxistrados.
As fasces medían 1,5m. de longo e atábanse con correas vermellas. Portábannas os líctores, funcionarios que acompañaban aos maxistrados superiores (cum imperio), ao Pontifex Maximus e ás Vestais. Fora do recinto da cidade engadíaselles un machado indicando o direito de vida e morte que os cónsules adquirían así.