Fender Telecaster
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Fender Telecaster é unha guitarra eléctrica de corpo macizo e dúas pastillas sinxelas fabricada por Fender.
A Fender Telecaster é a guitarra eléctrica maciza que máis tempo leva fabricándose. O seu sinxelo e brillante deseño ten tanta aceptación na actualidade como cando se presentou ao público en 1951.
En realidade, a Telecaster era a mesma guitarra que Leo Fender presentara un ano antes co nome de Broadcaster, pero tivo que cambiarlle o nome porque Gretsch tíñao rexistrado con anterioridade, pero o novo nome de Telecaster encantou a Leo Fender e aos seus colaboradores do pequeno taller de Fullerton, California, porque a asociación verbal cun medio en pleno auxe, como era entón a televisión, dáballe unhas connotacións de modernidade moi axeitadas para un instrumento igualmente innovador, a primeira guitarra eléctrica de corpo macizo que saía ao mercado.
A Telecaster caracterízase polo seu son brillante e incisivo e pola súa facilidade de manexo. Por estar razóns é usada por músicos de todos os estilos. Sen embargo, foron os músicos country os que máis apreciaron os seus servizos, en especial a súa capacidade para emular, se se sabe tocala, os sons dunha steel guitar.
O segredo do son da Telecaster reside na ponte. As cordas atravesan o corpo e suxeitanse ao dorso mediante seis virolas, o cal aumenta a solidez e o mantemento do son. A ponte leva incorporada unha pastilla en posición oblicua, que realza os tons agudos da guitarra.