Florencia - Firenze
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Florencia. En italiano: Firenze (tamén Florentia e Fiorenza). En portugués: Florença. En inglés e francés: Florence.
Florencia é unha cidade de Italia que conta con 352.227 habitantes, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana.
Por ela pasa o río Arno, foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.
Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.