Giza - الجيزة
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Giza o Guiza (en árabe, الجيزة Al-Ŷīza, pronunciado Al-Gīza). Cidade próxima a O Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribera do Nilo. Capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah. e a terceira maior cidade do Exipto con 2.443.490 habitantes (2005).
Na actualidade é un importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo, cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.
A cidade posee barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do rio e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educacionais incluen a Academia da Língua Árabe, um Instituto de estudios de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.
Nela atopamos a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Giza, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.