Gordon E. Moore
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gordon Earl Moore (nado o 3 de xaneiro de 1929) é co-fundador de Intel e autor da Lei de Moore.
Moore naceu en San Francisco, California. Recibiu un grao de bacharelato en ciencias na especialidade de química da Universidade de California Berkeley no 1950 e un doutorado en química e en física do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech polas súas siglas no inglés) en 1954. Antes de estudar en Berkeley, pasou a súa xuventude na Universidade Estatal de San Xosé, onde coñeceu a súa futura esposa.
Fundou Intel en Xullo de 1968 xunto a Robert Noyce, traballando como Vicepresidente executivo ata 1975, cando se converteu en presidente executivo en xefe. En abril de 1979, o Dr. Moore converteuse en membro da xunta directiva ademais de executivo en xefe, mantendo ambas as posicións ata Abril de 1987, cando deixa o posto de executivo en xefe. Actualmente traballa como membro emérito da xunta directiva.