Greco-budismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O greco-budismo consiste no sincretismo cultural entre a cultura grega e o budismo. Desenvolveuse durante 800 anos, entre o século IV a.C. e o século V d.C. na Asia Central, no território que actualmente constitúe os estados do Afganistán e Paquistán. O greco-budismo influenciou o desenvolvimento artístico (e posibelmente tamén conceptual) do budismo - en especial da escola Mahayana - antes de sua adopción no centro e no nordeste de Asia a partir do século I d. C., e posterior chegada á China, a Corea e o Xapón.
Índice |
[editar] Resumo histórico
A interrelación entre a Grecia helenística e o Budismo comezou cando Alexandre o Grande conquistou Asia Menor e Asia Central en 334 a.C., cruzando o Indo e o Jhelum, chegando tan lonxe como ata o río Beas, establecendo así contacto directo con a India, o lugar de necemento do Budismo.
Alexandre fundou varias cidades nos seus novos territorios nas áreas do río Oxus e en Bactria, extendendo os asentamentos aínda ata o Paso de Khyber, en Gandhara, rexión que corresponde ao único paso xeográfico practicábel entre a cadea orográfica Himalaia e os montes do Hindu Kush, por onde se exerce a relación entre a India e Asia Central, xerando un intenso intercambio cultural e comercial.
Logo da morte de Alexandre no 10 de xuño, de 323 a.C., os Diadocos (succesores) fundarían os seus propios reinos asiáticos. O xeneral Seleuco ergueu o Reino seléucida, que chegaba ata a India. Posteriormente, a parte oriental do reino seléucida quebrouse para dar nacemento ao Reino Greco-Bactriano (século III a.C - século II a.C.), que foi continuado polo Reino Indo-Grego (século II a.C.-século I a.C), e posteriormente polo Imperio Kushan (século I d.C. a século III d.C.).
A interrelación entre as culturas helenística e budista operou durante varios séculos ata finalizar no século V d.C. con as invasións dos Hunos Brancos e máis tarde con a expansión do Islam.
[editar] Influencias artísticas
Numerosas obras de arte greco-budista mostran unha mestizaxe de influencias leénicas e budistas, en centros de creación como Gandhara. works of Greco-Buddhist art display the intermixing of Greek and Buddhist influences, around such creation centers as Gandhara.A materia - o asunto - desa arte de Gandhara era budista, mentres os motivos eran asiático-orientais o ben de orixe helenística
[editar] A representación antropomórfica de Buda
Aínda que o debate segue aberto, as primeiras representación antropomórficas de Buda son consideradas, con frecuencia, como resultado da interacción greco-budista. Antes, a arte budista era anicónica: o Buda era representado só a través de símbolos (un trono baleiro; a árbore Bodhi ; o pé ou a pegada de Buda; a roda de oracións, etc.)
Esta resistencia cara a represesentación do Buda, e o desenvolvemento de sutís símbolos anicónicos (incluso en escenas narrativas), semella estar conectada cun dos ditos de Buda rexistrado no Digha Nikaya, que desanimaba a súa representación logo da extinción do seu corpo.
Non sentíndose limitados por estas resticcións, e a causa do "seu culto a forma, os gregos foron os primeiros en tentar unha representación de Buda (Linssen, "Zen Living"). En moitas partes do Mundo antigo, os gregos desenrolaron divindades sincréticas, que podían chegar a ser un foco de atracción para poboacións con tradicións distintas. Un moi coñecido exemplo é o do deus Serapis, introducido polo rei Ptolomeo I en Exipto, combinando deuses gregos e exipcios. Na India, era natural para os gregos crear divindade común simple combinando a imaxe dun deus-rei heleno (O deus solar Apolo), ou mesmo o deificado fundador do reino Indo-Grego, Demetrio,, con os tradicionais atributos de Buda.
Moitos dos elementos estilísticos das representacións do Buda apuntan á influencia grega: a lixeira toga helena (himation) cubrindo os hombros; a pose ao contrapposto das figuras en pé; o rizado cabelo de estilo mediterráneo e os lazos que, aparentemente, derivan do Apolo do Belvedere (330 a.C.); os mesurados rasgos dos rostros; todos caracteres con forte vencello con o realismo. Unha grande cantidade de esculturas, combinando estilos e iconografía greco-budista foron excavados en Hadda, en Gandhara.
O "pelo rizado" de Buda está descrito na famosa lista dos 32 características externas do Grande Ser (mahapurusa), que se atopan a longo das sutras budistas. O cabelo rizado, con os rizos cara a dereita foi descrito por vez primeira no canon Pali do Pequeno Vehículo do Budismo; podemos ver a mesma descrición p.ex., no "Dasasahasrika Prajnaparamita".
Artistas gregos foron o máis probabelmente os autores desas temperáns representacións do Buda, en particular das estatuas de a pé, que mostran "un tratamento realístico das pregas e un volume modelado como o que caracteriza as mellores obras helenas. É grego clásico ou helenístico, non grego arcaico transmitido por Persia ou Bactria, tampouco é de Roma" (Boardman)
Durante os séculos seguintes, estas representacións antropomórficas do Buda definiron o canon da arte budista, porén progresivamente evoluíron para incorporar máis elementos da India e resto de Asia.
[editar] Un Panteón budista helenizado
Outras varias divindades budistas estiveron influenciadas polos deuses helénicos. Por exemplo, Heracles con a súa pel de león (divindade protectora de Demetrio I "servíu como modelo artístico para Vajrapani, o protector de Buda (Foltz, "Religions and the Silk Road"). No Xapón, isto foi levado máis alén con irado e musculoso Niō, deus gardián de Buda na entrada de moitos templos budistas.
Segundo Katsumi Tanabe, profesor na Universidade Chūō, Xapón (en "Alexander the Great. East-West cultural contact from Greece to Japan"), ademais de Vajrapani, o influxo grego aparece tamén noutros deuses do panteón Mahayana, como o xaponés deus do vento Fujin inspirado no grego Boreas por medio do greco-budista Wardo; ou a deusa-nai Hariti, inspirada en Tyche.
Aínda máis, formas tales como guirlandas portadas por querubíns, videiras, rolos, e criaturas semihumanas como os centauros ou tritons, forman parte do repertorio da arte helenística introducida por aristas greco-romanos ao servizo da corte de Kushan.
[editar] O Greco-Budismo e o xurdimento da Mahayana
O contexto xeográfico, cultural e histórico do Budismo Mahayana ao longo do século I a.C, no Noroeste da India, apunta a intensas influencias multiculturais. Cando surxíu, a Mahayana recibíu "influencias dos cultos populares hindús (bhakti), e as teoloxías persa e grecorromana que se infiltraran na India polo Noroeste" (Tom Lowenstein, p63).
[editar] Influencias conceptuais
A Mahayana é unha fe integradora caracterizada pola adopción de novos textos, a engadir ao tradicional canon Pali, e cambios na comprensión do Budismo. Va máis alá do tradicional ideal Theravada da liberación do sufrimento (dukkha) e a iluminación persoal dos arhats, para elevar a Buda a un status semellante a un Deus, creando un panteón case divino de Bodhisattvas, devotos eles mesmos da excelencia persoal, o coñecemento último e a salvación da humanidade. Estes conceptos, xunto con o sutil sistema filosófico da fe Mahayana, puideran ter sido influídos pola interrelación entre os pensamentos grego e budista.
[editar] Buda como un home-deus idealizado
O Buda foi elevado á categoría de home-deus, semideus, representado nunha forma humana idealizada: "O Buda, o home-deus, é de moitas maneiras máis como un deus grego que calquer outra divindade oriental, non tanto polo ciclo narrativo da súa historia e a apariencia da súa figura erguida senón sobretodo pola súa humanidade" (Boardman, "The Diffusion of Classical Art in Antiquity" ).
A comprensión supramundana do Buda e os Bodhisattvas puido ser consecuencia da tendencia grega a deificar os seus gobernantes no comezo do reino de Alexandre. "O concepto de deus-rei traído por Alexandre (...) puido alimentar o desenrolo do concepto de bodhisattva, que arrodea a retratística de Buda na arte de Gandhara con o rostro do deus solar Apolo (McEvilley, "The Shape of Ancient Thought").
[editar] O Bodhisattva como un ideal universal de excelencia
Lamotte (1954) de maneira controvertida suxire (opónselle Conze (1973) e outros) que a influencia grega estivo presente na definición do ideal Bodhisattva nos textos literarios Mahayana máis antigos, como a "Perfección da Sabedoría" ou prajpāramitā , desenvolvidos entre o século I a.C. e o século I d.C. Estes textos redefinen, en particular, o Budismo en torno ao ideal universal Bodhisattva, e as súas seis virtudes centrais: xenerosidade, moralidade, paciencia, esforzo, meditación, e primeiramente e sobre todas, a sabedoría.
[editar] Influencias filosóficas
A estreita asociación entre o grego e o Budismo probabelmente tamén levou a intercambios no plano filosófico. Moitos das teorías da Mahayana máis antigas sobre a realidade e o coñecemento poden ser ligadas as escolas de pensamento filosófico de Grecia. O Budismo Mahayana ten sido descrito como a "forma de Budismo que (sen reparar como chegou a 'hinduizarse' nas súas formas tardías) que semella orixinarse nas comunidades greco-budistas da India, a través do choque entre a tradición grega de Demócrito, a Sofística e o escepticismo, con os rudimentarios elementos de empírica informal e escéptica xa presentes no Budismo temperán (McEvilly, "The Shape of Ancient Thought", p503).
- No Prajnaparamita, o rexeitamento da realidade do fenómenos pasaxeiros como "baleiros, falsos e fugaces" pode estar fundada no Pirronismo grego. A Sutra do Corazón, a máis famosa, di: "Non hai forma, nen sentimento, nen percepción, nen impulso, nen conciencia, nen ollo, nen orella, nen nariz, nen língua, nen corpo, nen mente, nen forma, nen son, nen cheiro, nen gusto, nen tacto, nengún obxecto mental...". Compre notar que existen textos gregos que nos falan nun ton similar, como por exemplo o seguinte (posibelmente pirronístico) que é glosado polo comentador de Platón, Theatetus: "Nengunha forma, nengunha palabra, nen obxecto con gusto ou cheiro ou tacto, nen calquer obxecto de percepción, ten nengún carácter distintivo" (Mc Evilley, "The shape of ancient thought", p419) </ref>
- A percepción da realidade última foi, para os cínicos como para os mestres Madyamikas e Zen despois de eles, só accesíbel a través de aproximacións non-conceptuais e non-verbais (grego "Phronesis", o mesmo Platón usou o termo para "coñecemento sen hipóteses), que somente permiten desembarazarse de concepcións ordinarias (cfr. Mc Evilley, "The shape of ancient thought", p439)</ref>
- A actitude mental de perspectiva ecuanime e desapaixoada fronte os acontecementos, foi tamén característica dos cínico e estoicos que a denominaban "Apatheia" (apatía) [1]
- A dialéctica de Nagarjuna desenvolvida na Madhyamika pode ser paralela da tradición dialéctica grega .[2]
Template:Esbozo