Hadriano (emperador)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Hadriano é tamén unha variante culta do nome propio Hadrián
Publius Aelius Traianus Hadrianus, en galego Publio Elio Hadriano (Itálica, Hispania, 24 de xaneiro de 76 - † Baia, 10 de xullo de 138). Emperador romano da dinastía dos emperadores Antoninos.
Hadriano sobe a dignidade imperial á morte de Traxano, no ano 117. Tamén nado na Betica, chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da Mesopotamia. Xa no ano 115 víñase a rexistrar un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei parto Cosroes aproveitou esta circunstancia para voltar ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Adriano comprendeu que era moi dificil de manter a soberanía mais aló do Eufrates, e ordenou a evacuación, mais na beira daquel rio quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de Mauritania se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente no asulagamento dalguns levantamentos. Rematou o trazado do limes xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do Danubio e levantou na Britania o que se coñece como a muralla de Adriano (Vallun Adriamni) co obxecto de previr as incursions dos pictos e escotos. Tratabase dunha serie de fortificacions entre Inglaterra e Escocia, dende a desembocadura do rio Tyne, no mar do Norte e o Solvay Firth no mar de Irlanda.
Para favorecer a fidelidade do exército, Adriano procurou recrutar as lexións nas mesmas rexións que ian defender. Co tempo, esta idea foi negativa, xa que alimentaría ideas centrífugas e cantonalistas, pero na época de plenitude imperial, os soldados sentianse moi motivados por se encarregar da defensa dos eidos que os viran nacer.
As sublevacions dos xudeus tiveron o seu cumio no 132, cunha rebelion aberta en Xudea, encabezada por Eleazar e Simón Bar Kojba, os cales non dubidaron en atacar a colonia romana de Elia Capitolina, encravada naquel territorio. Esta sublevación foi asulagada a sangue e lume no 134, e a ofensiva relixiosa xudía rematou.
Hadriano reforzou o papel do consello imperial (Consilium principis) en detrimento do Senado. A dita institución era obxecto de consulta regular e as suas decisions facianse públicas de tres xeitos: por medio de edictos, por decretos (sentencias de casos xudiciais) e rescriptos (respostas a consultas). Foi neste período cando se fai público o Edicto Perpetuo, obra de Salvio Xuliano, que recollia os edictos anteriores e foi unha fonte esencial de xurisprudencia.
Reformouse a admistración pública, separando netamente os carregos civís dos militares, creandose a figura do advocatus fisci, encarregado de representar o Estado nos litixios con particulares. Tamén se organizou un servizo de Correos.
Hadriano prestou especial atención ao problema sucesorio. Nomeou un primeiro candidato, pero á morte deste designou a Tito Aurelio Antonino, a quen o Senado daria o nome de Antonino Pío. A partir daquel, os herdeiros designados levarian o título de César. O carrego comportaba os títulos de procónsul e tribuno. Pero Hadriano non se limitou a nomear o herdeiro, senon que exixiu que este á súa vez nomeara o seu para previr continxencias. Antonio nomeou a Marco Aurelio Vero e a Lucio Vero. Os dous, co tempo, chegarian a emperadores. A sucesión imperial estaba garantida, e con ela a estabilidade.
Hadriano morreu no 138 e foi inhumado no monumental mausoleo, que tras a caida do Imperio foi utilizado como fortaleza e que chegou deica os nosos dias como Castelo de Sant Angelo, na beira do rio Tiber.
[editar] Véxase tamén
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Traxano |
Hadriano (emperador) (117-138) |
Precede a: Antonino Pío |
Dinastía dos Antoninos |