Hideki Tojo - 東条 英機
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Primeiro Ministro do Xapón e militar xaponés (1884-1948, xaponés: 東条 英機 Tōjō Hideki). Ascendeu a xeral en 1933 trala campaña imperial en Manchuria na guerra sino-xaponesa.
En 1940 foi nomeado ministro da guerra, en 1941, primeiro ministro. Baixo o seu mandato produciuse o 7 de decembro o ataque da Flota Combinada á base da mariña dos Estados Unidos en Hawaii de Pearl Harbor. Dimitiu en xullo de 1945.
Foi apresado e xulgado como criminal de guerra en 1946. Morreu na forca en 1948.