Historia do Perú
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A presencia humana nos Andes remontase varios millares de anos. Nos Andes centrais forxouse un dos centros de irradiación cultural do mundo. Multiplicidade de etnias e culturas habitaron este sector da Terra, desenvolvéndose de xeito autónomo ata a chegada dos conquistadores españois. Éstes estableceron o seu dominio na parte occidental de América do Sur e a súa cultura foi fundíndose coas diversas culturas locais. Desta mestizaxe naceron as diversas nacións de Hispanoamérica, entre elas, o Perú. Deste xeito, a Historia do Perú pode así dividirse en tres etapas:
Índice |
[editar] Etapa autónoma
A Etapa de desenvolvimento autónomo do área andina central abrangue desde os comezos do poboamento do territorio -arredor de 10000 adC- ata a morte de Atahualpa, o sábado 26 de xullo de 1533. Nesta era observase todo o desenvolvimento de adaptación e de formación cultural.
[editar] Etapa dependente
Abrangue desde o 15 de novembro de 1532 ata a batalla de Ayacucho, o 12 de decembro de 1824. Nesta época dáse o proceso de conquista por parte de España, así como o establecimento do Virreinato do Perú.
[editar] Etapa independente
[editar] Desde a Independencia ata a Confederación
O Perú declara a súa independencia o 28 de xullo de 1821. Nace como unha república que consolida a seu independencia o 9 de decembro de 1824. En 1829 dáse a guerra contra Gran Colombia e deseguida un periodo de inestabilidade política.
Este periodo continuará ata 1836, cando o Perú e Bolivia se unen nunha confederación.
[editar] Confederación Perú-Boliviana
A Confederación Perú-Boliviana foi criada o 17 de marzo de 1836 e disolta o 25 de agosto de 1838 ao fin dunha escalada bélica dirixida por Chile - co apoio dos opositores á súa conformación - iniciada case contemporáneamente.
[editar] Desde a Confederación ata os nosos días
Ao disolverse a Confederación Perú-Boliviá, os estados Norperuano e Sudperuano conforman novamente unha sóa república. Esta sistema permanece aínda no país. O primeiro feito importante desta época foi a guerra contra Bolivia (1841) e os posteriores enfrentamentos caudillescos ata o primeiro goberno de Ramón Castilla. A partir de aquí comeza unha época de reactiviación conómica en base ao monopolio do guano, estancada logo polos malos manellos e o despilfarro. Ao final desta época producese unha segunda guerra contra España en alianza con Bolivia, Chile e Ecuador ante un intento de reconquista. Logo da guerra faise evidente a crise económica e política, contexto no que estoupa a Guerra do Pacífico.
Logo deste devastador conflicto, comeza a reconstrucción nacional. En 1985 comeza un periodo de estabilidade política, roto polo Oncenio en 1908. A democracia é restituida plenamente en 1945, mais un novo golpe de estado en 1948 inicia o Ochenio de Odería, que terminaría en 1956. O último goberno militar tivo lugar en 1968 coa Revolución das Forzas Armadas, terminado en 1980. Nesta época xa é notoria a actividade subversiva de Sendero Luminoso. A fins dos anos 80 o Perú entra nunha grave crise económica subsanada logo de traumáticos shocks económicos na seguinte década. En 1992 tivo lugar o autogolpe, que daría inicio á corrupción sistemática do Estado por parte de Alberto Fujimori a través de Vladimiro Montesinos, corrupción que ficou ao descuberto o 14 de setembro do ano 2000. Actualmente (2005), o Presidente da República é Alejandro Toledo Manrique.