Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Humphrey Bogart - Wikipedia

Humphrey Bogart

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Humphrey Bogart (1946)
Humphrey Bogart (1946)

Humphrey Bogart (Nova York 25 de decembro de 1899 - 14 de xaneiro de 1957) é seguramente un dos actores cinematográficos máis coñecidos. De feito pasou xa a ser un icono da cultura do século XX. A súa fotografía de tres cuartos, con sombreiro ou sen el, con gabardina ou sen ela, forma parte das lembranzas da época dourada do cine. A súa carreira está ateigada de grandes películas inesquecibles e de ambiguos personaxes, case sempre perdedores, que contribuíron notablemente á imaxe que temos del.

Índice

[editar] Pobre neno rico

Humphrey DeForest Bogart o menor de tres irmáns, criouse en Nova York. Os seus pais eran Belmont DeForest Bogart, un prestixioso cirurxán, e Maud Humphrey, unha reputada (e cotizadísima, gañaba 50.000 dólares anuais) ilustradora publicitaria. De feito, o primeiro "papel" que Humphrey interpretou na súa vida foi pousar para un anuncio de comida para bebés (para Mellins Baby Food, concretamente) que a súa nai estaba a elaborar. Humphrey Bogart criouse no Upper West Side, un barrio da alta burguesía neoiorquina. Porén, as disputas entre os seus pais eran frecuentes e Bogart sempre lle reprochou á súa nai ser unha muller distante. Os seus pais eran, ademais, alcohólicos e morfinómanos. A nai sufría de migrañas que agriaban o seu carácter. Bogart foi, en realidade, criado por unha coidadora irlandesa.

Humphrey Bogart ingresou nos máis prestixiosos colexios de Nova Iorque e de Massachusetts. En 1918, sen embargo, foi expulsado da Phillips Academy, supostamente por fumar. Pero, en verdade, Bogart era un mal estudiante e pouco amigo da autoridade.

[editar] Os anos de Broadway

A Bogart non lle quedou máis remedio que enrolarse na Reserva Naval dos Estados Unidos. Pero o seu eran as táboas dun escenario. En 1921 comezou a súa carreira teatral en Brooklyn. Interpretou un maiordomo xaponés. Non foi un gran papel pero permitiulle traballar en 21 producións de Broadway entre 1922 e 1935.

Durante esta etapa da súa vida, Bogart coñeceu a Helen Menken, a súa primeira esposa, coa que casou en 1926. En 1927 divorciáronse amigablemente. En 1928, Bogart recuncou e casou con Mary Philips. Ambas eran mulleres temperamentais e con certa tendencia ó alcoholismo, enfermidade que tamén afectaba ó propio Humphrey Bogart.

Tamén durante estes anos, el e Spencer Tracy, daquela tamén actor en Broadway, fixéronse grandes amigos. As malas linguas din que grazas ó común alcoholismo de ambos. Sexa como for, Bogart e Tracy foron grandes amigos durante anos e, disque, Tracy foi quen alcumou a Humphrey como "Bogie", alcume que logo se faría popular.

En 1934 o productor Arthur Hopkins descubriu a Bogart para o gran público. Bogart actuaba nunha obra titulada Invitation to a Murder. Hopkins viuno esa noite e cando empezou a produción de The Petrified Forest, unha obra teatral de Robert Sherwood, contratouno. The Petrified Forest acadou as 197 representacións en Nova York. Bogart interpretaba ó asasino Duke Mantee. Disque, durante a súa primeira conversa con Arthur Hopkins, Bogart insistiu en querer un papel de gángster mentres que Hopkins o vía coma un san xogador de rugby.

Ademais, durante as representacións desta obra, Bogart trabou amizade con Leslie Howard, quen lle prometeu que presionaría para que Bogart fose Duke Mantee na versión cinematográfica que preparaba a Warner Brothers. Nun primeiro momento, sen embargo, foi contratado Edward G. Robinson pese á insistencia de Leslie Howard. Cando Robinson deixou a produción, a teimosía de Howard deu os seus froitos e Humphrey Bogart acabou conseguindo o seu primeiro papel cinematográfico.

[editar] Baixo os focos de Hollywood

En 1936 rodouse a versión cinematográfica de The Petrified Forest protagonizada por Humphrey Bogart no seu debut. A partir de aquí, Bogart realizou para a Warner Brothers unha serie de películas de temática criminal nas que encarnou a un bo fato de tipos malos e violentos, case sempre condenados á cadeira eléctrica. Dise que durante esta época do Bogart gangsteril, foi executado 12 veces e sumou unha pena de 800 anos de traballos forzados.

O éxito empezaba a acompañalo na gran pantalla. Non obstante, o seu matrimonio con Mary Philips desfíxose cando a actriz non quixo seguir a Bogart dende Broadway ata Hollywood. Como fose, o 21 de agosto de 1938, Bogart volveu casar con Mayo Methot, unha alcohólica paranoide que en nada contribuíu á tranquilidade de Bogart.

Aínda que Bogart protagonizou ata 28 films de serie B entre 1936 e 1940, case todos interpretando a gangsters, Jack Warner non estaba demasiado interesado en convertelo nunha das súas estrelas. Simplemente era unha peza máis da engranaxe industrial do cine hollywoodense que debía rodar unha media de unha película cada dous meses. Bogart non estaba feliz cos papeis que recibía mais non podía rexeitalos baixo pena de ser suspendido de soldo. O feito de que non estaba conforme cos criterios do estudio demóstrao que reiteradamente utilizase nas películas a súa propia roupa en troques da que lle subministraba a sastrería da Warner Brothers.

[editar] Cara ó Paseo da Fama

High Sierra (O último refuxio, 1941) era unha pequena película escrita por John Huston, gran amigo de Bogart e tamén alcohólico, que ía ser dirixida por Raoul Walsh. Bogart interpretaba como sempre a un gangster: Roy Earle, Can Tolo. Pero tratábase dun perdedor, dese personaxe atribulado que interpretaría en películas posteriores, a medio camiño do mal e do ben. Roy Earle acaba de saír do cárcere e xa planea o seu próximo golpe. Pero ó mesmo tempo namórase dunha rapaza á que quere axudar só para comprobar, unha vez que a axuda, que ela lle mentiu. Obrigado por unha persecución implacable por parte da policía, ten que refuxiarse no cumio dunha montaña. Foi o filme co que Bogart empezou unha ascendente traxectoria cara á popularidade.

A película clave nesta traxectoria foi O falcón maltés (The Maltese Falcon, 1941), un filme que a Warner Bros. a contragusto accedeu a que a rodase o seu guionista, John Huston, pensado que sería un fiasco e que Huston non volvería insistir. En principio, o papel principal, o famoso detective de novelas negras Sam Spade, ía recaer en George Raft. Acabou por encarnalo o rostro adusto de Humphrey Bogart, a quen ninguén, agás John Huston, vía no papel de heroe positivo. Foi un éxito relativo que lle abriu as portas para películas máis interesantes.

O seu primeiro papel romántico, Rick Blaine, fíxoo para Casablanca (Michael Curtiz, 1942), película á cal estará eternamente ligado na memoria do público. Era un papel ambiguo, a medio camiño entre o ben e o mal, un home que personificaba á perfección os valores de sacrifizo, de ideais e de esperanza no futuro que precisaba os escuros anos da II Guerra Mundial. O seu éxito foi impresionante (tendo en conta ademais que o guión foi improvisado durante a rodaxe) e o prestixio do filme non parou de medrar co paso do tempo.

[editar] Bogart e Bacall

Bogart e Bacall
Bogart e Bacall

Humphrey Bogart xa era unha estrela consagrada cando coñeceu a Lauren Bacall durante a rodaxe de Ter ou non ter (To Have and Have Not, Howard Hawks, 1944). Nesta película Bogart encarnaba a un pescador idealista, unha sorte de Rickie do mar, que era obrigado a colaborar nun crime. Pero o que verdadeiramente encheu a pantalla foi o romance entre Bogart e Bacall. A pesar de diferencia de idade, ambos conxeniaron inmediatamente. Este matrimonio, que durou ata o pasamento de Bogart, si foi verdadeiramente feliz. Bacall converteuse na súa compañeira idónea.

En O gran sono (The Big Sleep, Howard Hawks, 1946), obra mestra do cine negro, Bogart e Bacall volveron compartir reparto. Mesmo a película se promocionou cun cartel no que aparecían ambos e onde a vida real se mesturaba coa dos personaxes que interpretaban. Humphrey Bogart tivo ós 49 anos o seu primeiro fillo, Stephen Bogart. En 1952, naceu a súa segunda filla, á que chamou Leslie en agradecemento pola lealdade do seu amigo Leslie Howard.

[editar] Os anos da súa consolidación

En 1951, a película A raíña de África (The African Queen, John Huston), coprotagonizada xunta Katharine Hepburn, demostrou que un avellentado Bogart aínda tiña moito que dicir no cine. Foi unha rodaxe dura, en terra africanas, acosado pola calor e polos mosquitos. Ademais Huston e Bogart, segundo contan as testumuñas, adoitaban emborracharse case acotío. Con todo, o papel do túzaro mariñeiro Charlie Alnutt gañou para Bogart o seu primeiro Oscar.

Ademais, seguramente impulsado pola súa esposa Lauren Bacall, Bogart reuniu a un fato de amigos do mundo do cine e presentouse en Washington para opoñerse ó Comité de Actividades Antiamericanas do Congreso dos Estados Unidos presidido polo infausto senador McCarth. Bogart e os seus compañeiros protestaban polas citacións que empezaban a recibir algúns dos homes e mulleres do mundo do cine e as veladas acusacións de pertenceren ó partido comunista formuladas contra moitos. Pero Bogart tivo que recuar. Os estudios presionárono e Bogart abandonou a campaña tras unha inicial victoria. Ademais, parece ser que se desencantou ó saber que algúns dos acusados polo Comité realmente pertencía a organizacións socialistas e comunistas.

O motín da Caine (The Caine Mutiny, Edward Dmytryk, 1954) e Sabrina (Sabrina, Billy Wilder, 1956) foron as últimas grandes películas protagonizadas por Humphrey Bogart. Pero a súa saúde, nestes últimos anos, resentírase. Nunca fora un home vigoroso: a súa afección á bebida non o axudou, xunto con que era un fumador empedernido. Ademais, entre 1954 e 1956 rodou nove películas consecutivas. É certo que estaba afeito a un alto ritmo de traballo, pero Humphrey Bogart xa non era ningún mozo. Finalmente detectóuselle un cancro de esófago incurable.

O seu declive foi rápido. Pouco antes de morrer apenas pesaba 36 quilogramos. Tiña pouco máis de 57 anos.

[editar] Video

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu