Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Igrexa Ortodoxa Copta - Wikipedia

Igrexa Ortodoxa Copta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Cristiandade Ortodoxa Copta é a forma nativa de cristianismo fundada, segundo a tradición, polo apóstolo San Marcos Evanxelista en Exipto a mediados do sećulo I (arredor do ano 60). A Igrexa Ortodoxa Copta é a igrexa nacional de Exipto e unha das Igrexas Ortodoxas de Oriente. O seu líder é o Patriarca de Alexandría, ou Papa de Alexandría e Patriarca da Santa Sé de San Marcos, na actualidade Papa Shenuda III.

Índice

[editar] Historia

[editar] Inicios do cristianismo

Existen referencias abondosas a Exipto no Antigo Testamento e no Novo, pero os primeiros cristiáns foron xudeos de Alexandría, tal como Teófilo, a quen Lucas o Evanxelista, en tempos de Nerón, lles dirixe o capítulo introdutorio do seu Evanxello. A tradición atribúelle a San Marcos a predicación en Exipto, onde foi martirizado. Porén, foron fundamentalmente os exipcios, máis que os gregos ou os xudeos, quen abrazaron a fé cristiá. O cristianismo extendeuse por Exipto e nun século xa chegara a Bahnasa, no Exipto Medio (onde se atoparon fragmentos do Novo Testamento datados no ano 200) e ao Alto Exipto (un fragmento do Evanxello de San Xoán en copta da primeira metade do século II).

[editar] A Escola de Alexandría

A nova relixión distinguiuse desde os seus inicios por unha intensa actividade intelectual. En Alexandría, a cidade máis cosmopolita do Imperio Romano após roma, naceu arredor do 190 a Escola Teolóxica, a Didascalea, fundada por Pantaneo. Nesta, a primeira escola catequista, explicaron Clemente de Alexandría, Atanasio de Alexandría, Atenágoras de Atenas, Dídimo o Cego, Pantera e o grande Oríxenes, considerado o pai da teoloxía. Oríxenes foi autor tamén de comentarios (máis de 6000) e de estudos bíblicos comparados, A escola foi visitada por moitos eruditos, como San Xerome. Ademáis de teoloxía explicábase ciencia, matemáticas e humanidades usando o método de pergunta e resposta e, quince séculos antes do Braille, xa se usaban gravuras sobre madeira para ler e escribir.

(Co mesmo nome estableceuse unha faculdade de teoloxía en Alexandría en 1893, con campuses en Alexandría, Cairo, Nova Jersey e Os Ánxeles, para seminaristas coptos.)

[editar] O monasticismo e o traballo misionario

No século III, durante as perseguicións de Diocleciano, algúns cristiáns escaparon para o deserto e ficaron alá para orar unha vez rematadas. Así comezou o monasticismo, reorganizado por Santo Antonio o Grande e Pacomio no século IV. A finais deste século existían centos de mosteiros e miles de celas e covas repartidas por todas as montañas exipcias. Algúns deses mosteiros existen ainda hoxe en día.

O monasticismo exipcio atraíu a atención dos cristiáns doutras partes do mundo, que visitaron Exipto e levaron con eles as ideas monásticas, expandindo o monasticismo por todo o mundo cristián. San Basilio, organizador do movemento monástico en Asia Menor, visitou Exipto arredor do 357 e a súa regra síguese nas Igrexas de Oriente; San Xerome, de camiño a Xerusalém, parou en Exipto e recolleu a experiencia nas súas cartas; San Bieito fundou mosteiros no século VI seguindo o modelo de Pacomio pero nunha forma máis estrita.

[editar] Época de esplendor

[editar] O Concilio de Nicea

No século IV, un sacerdote libio chamado Ario iniciou unha disputa teolóxica sobre a natureza de Cristo que se extendeu por todo o mundo cristián e recebeu o nome de arianismo. O emperador Constantino convocou o Concilio de Nicea en 325 para resolver a disputa, o cal levou á formulación do Símbolo da Fe, coñecido tamén como Credo de Nicea. O Credo, recitado ainda en todo o mundo cristián, foi redixido por Atanasio de Alexandria, na altura Papa e Patriarca de Alexandría.

[editar] O Concilio de Constantinopla

No 381, Timoteo I de Alexandría presidiu o segundo concilio ecuménico, o Concilio de Constantinopla, que completou o Credo de Nicea reafirmando a divinidade do Espírito Santo. Neste concilio, a primacía de honor pasaba á Igrexa de Constantinopla, decisión que suscitou a indignación dos alexandrinos.

[editar] O Concilio de Éfeso

No século V xurdiu outra disputa teolóxica, neste caso sobre os ensinamentos de Néstor, Patriarca de Constantinopla que ensinaba que Deus non estaba unido hipostaticamente coa súa natureza humana, senón que habitaba no home Xesús Cristo. En secuencia, denegáballe o título de "Nai de Deus" (Theotokos) á Virxe María, considerándoa simplemente "Nai de Cristo" (Christotokos). Ao chegar ao coñecemento do Patriarca da Santa Sé de San Marcos, este solicitoulle a Néstor que renegase. Como non o fixo, o Sínodo de Alexandría reuniuse e o Papa Cirilo I de Alexandría, envioulle unha carta que contiña o que sería o artigo máis famoso da Ortodoxia Alexandrina, "Os Doce Anatemas de San Cirilo". Neles, excomulgábase aos nestorianos.

O Primeiro Concilio Ecuménico de Éfeso confirmou os ensinamentos de San Atanasio, confirmou o título da Sempre Santa Virxe María como "Nai de Deus" e anatemizou a quen separase a Xesús Cristo en dúas hipóstases. O nestorianismo reviviu após a porte de San Cirilo. Esta controvesia permitiulle á Igrexa de Alexandría reaccionar contra a sé patriarcal constantinopolitona, centro tamén do poder político bizantino, ao que pertencía Exipto.

[editar] Ruptura coa Igrexa católica e Decadencia

[editar] O Concilio de Calcedonia

Nun ambiente de enfrentamento co emperador e a Igrexa Católica, no concilio de Calcedonia de 451 abandonouse a terminolía de San Cirilo e declarouse que Xesús Cristo era unha hipóstase en dúas naturezas, a divina e a humana. A igrexa copta, xunto coa siríaca e máis tarde a armenia, rexeitáronno (e coñécense, polo tanto, como monofisitas). Desde entón coexisten en Alexandría dous patriarcas rivais: o católico, calcedoniano, Imperial ou "Melkita" (coñecido agora como Papa Ortodoxo de Oriente e Patriarca de Alexandría), e o copto (agora Papa Copto e Patriarca de Alexandría). O primeiro foi seguido polos funcionarios bizantinos, os comerciantes das cidades e as persoas helenizadas; o segundo pola masa do pobo. Os monofisitas souberon mobilizar, por medio dos monxes, o sentimento nacional e tachar aos seus oponentes de estranxeiros. Constitúen hoxe a Igrexa Copta.

As controversias relixioso-políticas do século V absorberon as forzas do monaquismo exipcio, empobreceron o cristianismo e desconcertaron aos fieis, preparando o declinio da Igrexa en Exipto.

A Igrexa Copta nega que ensine o monofisismo, que considera unha heresía, senón algo que se pode chamar miafisismo e que descrebe unha natureza combinada de Cristo, tanto humana como divina, unida indivisibelmente no Logos encarnado. A Igrexa Copta cre que Cristo é perfecto na Súa divinidade, perfecto na súa humanidade, pero que a Súa divinidade e a Súa humanidade uníronse nunha natureza chamada "a natureza da palabra encarnada". Estas dúas naturezas non se separaron nunca.

[editar] Conquista árabe de Exipto

A conquista produciuse entre 639 e 642. Nun principio, aos cristiáns permitíuselles practicar a súa relixión, baixo as restricións da lei islámica (Shari'a) pero, unha vez consolidada a conquista, instaurouse un rexime discriminatorio. Neste proceso influíron as perseguicións lanzadas especialmente durante o reino do califa fatimí Al-Hakim bi-Amr Allah (996-1021), a chegada das Cruzadas e a represión que causaron e a aceptación do árabe como lingua para a liturxia polo Papa de Alexandría [[Gabriel ibn-Turaik] ou Gabriel II. As conversións aceleráronse e a Igrexa non puido presentar oposición. A sé patriarcal alexandrina traspasouse ao Cairo a mediados do século XI; os homes e as mulleres foron separados nas igrexas; impúxose o descalzarse á entrada nos lugares de culto; fecháronse os seminarios e escolas teolóxicos. A última literatura cristiá son a obra enciclopédica Colección de dogmas da relixión do século XIII.

Durante as dominacións mameluca (1254-1517) e turco-otomana (1517-1811), o cristianismo copto refuxiouse no ámbito rural do Alto e Medio Exipto e ao bordo do deserto. Os coptos foron ignorados durante todo este tempo. A comezos do século XIX, a Igrexa copta contaba só con 12 bispos, uns 100 lugares de culta e sete mosteiros con 50 monxes.

[editar] Desde o século XIX á revolución de 1952

A situación dos coptos comezou a mellorar a comezos do século XIX baixo a estabilidade e tolerancia da dinastía de Muhammad Ali de Exipto. Deixaron de ser considerados polo estado como unha unidade administrativa e, en 1855, eliminouse a marca principal da súa inferioridade, o imposto Jizya. Pouco despóis, os cristiáns comezaron a servir no exército. Na revolución de 1919 participaron tanto musulmáns como cristiáns.

Na altura, os misioneiros europeos, católicos e protestantes, fundaban escolas, hospitais e imprentas. A Igrexa copta abriu unha rede de escolas primarias e "escolas dominicais" para o ensino do catecismo e editou publicacións propias. En 1893 abriuse o primeiro seminario copto-ortodoxo e creouse unha nova xeración de monxes educados, como Matta el-Miskín, que renovaron a vida monástica.

[editar] O cristianismo copto hoxe

[editar] Estrutura patriarcal

O Papa de Alexandría e Patriarca da Santa Sé de San Marcos (ortodoxo copto) é Papa Shenuda III; o Patriarca de Alexandría ortodoxo grego é Patriarca Teodoro II de Alexandría. Existe unha Igrexa Católica Copta (católica de rito oriental), encabezada polo Patriarca de Alexandría. A Igrexa Católica Melkita (católica de rito oriental) non ten moita presenza en Exipto e está encabezada polo Patriarca de Alexandría, Antioquía e Xerusalém.

Os candidatos ao papado (tres) son propostos por 800 delegados e han de ter nacionalide exipcia, ser maiores de 40 anos e pertencer a unha orde monástica. A continuación, un neno, representando a man de Deus, colle ao chou unha das tres papeletas cos nomes dos tres candidatos. O escollido debe ser recoñecido polo presidente (musulmán) da República.

Na Igrexa Copta só se poden ordenar os homes, que han de estar casados se desexan casar, ao igual que sucede na Igrexa Ortodoxa de Oriente. Tradicionalmente, nos servizos usábase a lingua copta e as escrituras estaban no alfabeto copto. Actualmente, o árabe úsase ampliamente.

[editar] O monacato

Como nos primeiros séculos, o monacato constitúe a pola máis vigorosa da Igrexa. Dos 50.000 que houbo no século VI hai hoxe uns 700, repartidos en quince mosteiros masculinos e cinco femininos, que son centros de peregrinación. Destacan os catro de Wadi en-Natrún (Deir Baramos, Deir es-Surian, Deir Anba Bishoi e Deir Makar); Deir Anba Samuel e dous na orilla occidental do Mar Vermello. Algún outro foi reconstruído, ainda que Deir el-Abiad (o Mosteiro Branco) e Deir el-Ahmar (o Mosteiro Vermello) seguen abandonados.

[editar] Os fieis

Os cristiáns ortodoxos coptos din seren uns 40 millóns, dez en Exipto, 30 en Etiopía, dous en Eritrea e máis en Sudán, Israel e a diáspora. As igrexas ortodoxas procuran actualmente recoñecerse e aceptar ritos, como o bautizo e o matrimonio celebradas por outras.

Os cristiáns coptos celebran o Nadal o 7 de xaneiro que, desde 2002 é festivo oficial en Exipto.

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu